Superheroínas e superheroes

   Algunhas das nosas alumnas e alumnos de 1º de ESO deseñaron personaxes con superpoderes e redactaron os textos que seguen. Esperamos que vos gusten!

SUPERSAYÁN
José Antonio Argibay Ligero 1º C

Había unha vez, no planeta Terra, un home chamado Supersayán, que tiña que defender o planeta das ameazas interespaciais.

O planeta Terra estaba ameazado por alieníxenas de todo tipo, como Rex, aquel dinosauro de catro cabezas, ou Cerbero, o can do inframundo, que é enorme, de magma e con tres cabezas.
Xunto a el sempre loitan, Electro e Acqua, que controlan a electricidade e a auga.
Cando loitaron contra Cerbero, ao que só tiñan que eliminar as cabezas, repartíronse o traballo e Acqua conseguiu afogar unha delas. Electro chamoscou outra e Supersayán rebentou a última cunha das súas mellores ondas de enerxía.

José Antonio Argibay Ligero 1º ESO C

WOMENS

     Esta non é unha historia dunha superheroína que loita. É unha historia que simplemente describe unha figura feminina que fai de heroína, pero non loita cos malos, senón que defende. Defende a figura da muller nestes tempos escuros e machistas.

1º C Cristina e Lara Womens

     Aínda que dende hai unhas décadas xa temos voz e voto, as mentes das persoas seguen estando da mesma forma. Pero din que  “Womens”, esta superheroína, apareceu, e agora  as mulleres somos máis valoradas.

     Hai sobre ela unha anécdota moi curiosa. Womens quixo facer un experimento, e pediulles a uns actores que foran á praza máis coñecida da súa cidade, o home tiña que berrarlle e darlle unha labazada (claramente actuando), e, sabedes qué? NINGUÉN pero NINGUÉN a axudou!

     Todos os miraban pero ninguén facía nada. Iso deulle unha perspectiva da xente que non coñecía:  todos apoiaban a Womens, pero, á hora da verdade, quedaban parados. “Nas  manifestacións, loitamos”, pensou. A actriz dicía: “Na miña vida tería pensado que ninguén me axudaría”, e  así  foi. Esta é a crúa realidade.

     Ao final todos somos iguais, sexamos homes ou mulleres. Esta historia irreal só nolo recorda.

Lara Graña Colombo e Cristina Domínguez Pintos 1ºESO B

O burbulleiro

   Un día pola mañá, Burbulleiro saíu da súa Burbullocova para mirar como ían as cousas. Entón oíu uns berros que pedían auxilio. Auuu! Auuxiliooo! Aaargh!

O burbulleiro (Manuel)  1ºB 001

    Foi averiguar o que acontecía e viu a Uñeiro, que intentaba atrapar a xente nunhas cápsulas para facer un experimento no que lle transmitirían toda a súa intelixencia, mediante uns tubos que estaban conectados nas cabezas dos humanos, e que lle pasaran o que contiña o  cerebro ao seu ordenador e, así, Burbulleiro non o podería deter.
Coa súa velocidade, Burbulleiro conseguiu liberar a xente e atrapar a Uñeiro nunha burbulla, que acabou voando e rebentando.

Manuel Portela Crespo 1º ESO B

Anxos e demos

   O día -37 de sopno, no planeta Hamicana, naceron dúas fermosas xemelgas, chamadas Rons e Macli. Rons era boa e amable, polo que a alcumaron Anxo; pola contra, Macli era mala e cobizosa, polo que a alcumaron Demo.

Mariña Fernández Buceta e Elena Veiga Vilariño 1ºC

   Ao cabo duns anos, Macli quería vinganza polo seu alcume, e tamén porque a súa irmá era perfecta. Emprenderon unha pelexa que durou días e noites. Chegaron a destruír cidades!
Durou un mes a interminable liorta. Ao final, Macli foi condenada ao inferno, e non podería saír nunca daquel lugar. Alí foi onde lle deron o poder da malicia. En cambio, a súa irmá, Rons, foi ao ceo, por salvar moitas persoas de ser destruídas. Aí concedéronlle o poder da sabedoría.

Elena Veiga Vilariño e Mariña Fernández Buceta. 1º ESO B

A HISTORIA DE HOLY DIVER

   Tras a morte de Ronnie James Dio, no 2012, este asasino apareceu diante da súa tumba, ao mes seguinte da defunción. Contemplando o lugar de enterramento deu un grito satánico, lamentándose.Óscar García Freitas 1º C

   A súa orixe era descoñecida e non tiña ADN, polo cal, tras matar  moitas persoas, non podían saber onde se agochaba. Pero había xente que, nos bosques, divisara marcas del.
Despois da súa captura por parte do FBI, levárono a un manicomio, onde estivo tres anos, preso na súa histeria e demencia. Ao parecer pediu unha radio, puxo unha cadea de metal e, ao escoitar Raining Blood – Slayer, o seu poder aumentou e fixo rebentar toda aquela casa de tolos: os dementes quedaron libres.
Para celebrar a súa vitoria, fixo que os tolos fosen os seus secuaces e, ademais, cantasen a canción de ANTHRAX – Madhouse, baseada na revenda dun manicomio.
Incorporouse a un club de moteros e adquiriu o mote de Mr. Bang Head, pola a súa agresividade ao facer o head bang.

Óscar García Freitas 1º ESO C

Odisea de Homero

A illa de Eea

Circe, by John William Waterhouse

John William Waterhouse, pintor inglés (1849-1917): Circe ofrecendo a copa a Odiseo, 1891

Na illa de Eea, a illa dos lamentos, reina Circe. A maga Circe, Kirké, a señora das feras.

circe-invidiosa-1892-john-william-waterhouse-1379325665_b

Waterhouse: Circe invidiosa ou Circe envenenando o mar, 1892

 

Kirké en grego significa falcón, e o falcón é unha das aves funestas. Eea é o inframundo.

   Por iso, despois de chegar a ela,  Ulises e os seus compañeiros navegaron ao lado do perigoso   prado florido onde as sereas agardan.

   As sereas cantan e encantan os mariñeiros coas súas voces  enganosas e arrástranos ás augas. Ulises, o das mil estrataxemas, mandou que os seus compañeiros  taponasen os oídos con cera. A el atárono, para que puidese escoitar as marabillosas melodías sen morrer.

   Elas, furiosas, revoaron ao redor da embarcación sen poder evitar que os mariños continuasen avanzando.

  A etimoloxía da palabra serea (Σειρήν, en grego) é, segundo Pierre Chantraine, escura.

The Siren Vase

The Sirens Vase, stamnos ático do Museo Británico, atribuído ao chamado “pintor das sereas” (circa 480 aC-470 aC)

Mais probablemente evocaba a intensa calor do mediodía: as sereas eran démones do mediodía e da calma extrema sobre o mar.

Edward Armitage

Edward Armitage, pintor inglés (1817 – 1896): The Siren, 1888

Un dos poemas de Jean Cocteau di así:

Voici les compagnons d’Ulysse,

prenez garde, pauvres sirènes:

ils emportent des mers lointaines,

des tristesses,

des syphilis.

sirens flaxman

Ilustración para a Odisea de John Flaxman, artista inglés (1775-1826)

   “Amigos, no debe ser uno sólo ni dos los únicos que conozcan las profecías que me contó Circe, divina entre las diosas. Así que os las voy a decir para que, conociéndolas todos, o muramos o tomemos precauciones para escapar a la muerte y el destino. En primer lugar, nos aconseja precavernos de la voz y del prado florido de las divinas Sirenas. A mí sólo me deja escuchar su voz. Atadme, pues, con rigurosas ligaduras, para que me  quede aquí fijo, de pie junto al mástil, y que estén muy fuertes las amarras. Y si os suplico y ordeno que me desatéis, entonces vosotros sujetadme más fuerte con otras maromas.

   Con semejantes palabras informé de todo a mis compañeros, mientras que la  bien construida nave llegaba a la isla de las Sirenas. La impulsaba un viento propicio. De pronto allí amainó el aire y se produjo una calma chicha, y la divinidad adormeció las olas. Los compañeros se levantaron y plegaron las velas del barco, y las recogieron dentro de la cóncava nave y, tomando en sus manos los remos, sentados blanqueaban el mar con las pulidas palas. A mi vez yo corté con mi aguda espada una gruesa tajada de cera y la fui moldeando en pequenos trozos con mis robustas manos. Pronto se caldeaba la cera, ya que la forzaba una fuerte presión de los rayos de Helios, el soberano Hiperiónida. A todos mis compañeros, uno tras otro, les taponé con la masa los oídos. Y ellos me ataron a su vez de pies y manos en la nave, erguido junto al mástil, y reforzaron las amarras de éste. Y sentados a los remos se pusieron a batir el mar espumoso con sus palas.”

Odisea, Canto XII, traducción de Carlos García Gual (Alianza Editorial, 2004)

Sirens Ulysses

Waterhouse: Ulysses and the Sirens (1891)

Xa antes a intelixencia de Ulises lograra enganar a Polifemo, o moi famoso. A illa dos cíclopes (os que arrolan os ollos) é outro dos infernos da Odisea.

Arnold_Böcklin_-_Odysseus_and_Polyphemus

Arnold Böcklin, pintor suízo (1827-1901): Odysseus and Polyphemus, 1896