Aleksandr Afanásiev

 

Bilibin_skazka

Ilustración de Iván Bilibin (Seppälä, 1876–San Petersburgo, 1942)  para “O tsar Saltan”, de Pushkin. Nela apréciase a influencia que as estampas xaponesas exerceron sobre el.

   Aleksandr Nikoláyevich Afanásiev (en alfabeto ruso cirílico Александр Николаевич Афанасьев; Boguchar, Vorónezh, 1826- Moscova, 1871) foi o maior dos folcloristas rusos da época, e o primeiro en editar volumes de contos de tradición eslava.

Viktor-Vasnetsov-Historical-Painter-13

Viktor Vasnetsov, pintor ruso (1848-1926)

   A obra de Afanásiev consta dun total de seiscentos oitenta contos tradicionais rusos que realizou de 1855 a 1863. Algúns son moi coñecidos, como “Basilisa a bela”, “Márya Morevna”, “A bruxa Yagá”  ou “O soldado e a morte”.

Maria Morevna

Ivan Bilibin: ilustración para o relato Maria Morevna.

   Foi educado en Vorónezh e cursou estudos de dereito na Universidade de Moscú. Foi membro da Academia de Xeografía rusa dende 1852. Esta organización foi a impulsora da publicación dos seus volumes de relatos. Afanásiev tivo que realizar un duro traballo de recompilación, xa que os contos eslavos, ao igual que os relatos celtas irlandeses,  eran exclusivamente de tradición oral.

autor_145

Retrato de Afanásiev

   Dedicou a súa vida ao xornalismo e, desde 1850, estivo enteiramente dedicado á súa paixón de folclorista da Vella Rusia. Percorreu provincias enteiras recollendo relatos de todas partes de Moscovia. Os seus primeiros artigos causaron grande impresión na escola mitolóxica rusa daquela época.

Ivan_Bilibin_048

Ilustración de Bilibin para un relato de Pushkin: “A fábula do galo de ouro”.

Afanásiev morreu pobre, enfermo de tuberculose. Para comprar comida viuse obrigado a vender a súa biblioteca persoal  aos corenta e cinco anos.

c2afedc339d7e779b5b0e1857e227f71--ivan-bilibin-fairy-tales

Iván Bilibin: ilustración para o relato de Afanásiev “A pata branca”.

Así o relata Vladímir Propp no extraordinario prólogo da edición de Anaya (Cuentos populares rusos):

   Na vida de Afanásiev, os anos máis produtivos foron os que pasou empregado no Arquivo Xeral de Asuntos Estranxeiros, en Moscova. Pero en 1862 viuse subitamente cesado. Cun pretexto nimio (unha visita que lle fixo o emigrado V. I. Kelsíev ao volver secretamente do estranxeiro) procedeuse a un rexistro en casa de Afanásiev.

dc2ecf2b6858e993e101e8173f0ea2bb--winter-landscape-landscape-art

Bilibin tamén foi un marabilloso paisaxista.

E, aínda que a policía non encontrou nada que xustificase unha inculpación, foi despedido, coa agravante de que se lle prohibiu para sempre calquera emprego oficial.

   Pero o verdadeiro motivo do cese era outro. A constante dedicación de Afanásiev ao estudo da creación popular e das crenzas idólatras do pobo e mais a publicación dun libro como as Lendas populares rusas [que Afanásiev publicara en 1859 e que acabaron sendo prohibidas pola censura porque presentaban unha actitude negativa e, en ocasións, burlona, respecto á moral eclesiástica] eran consideradas actividades reprobables e perigosas e fixeron de Afanásiev un personaxe sospeitoso e non grato. Desprazado do seu modo de vida habitual, Afanásiev comezou a padecer privacións materiais. Viuse obrigado a vender a súa biblioteca. Xa non puido encontrar ningún emprego fixo. A súa saúde achábase quebrantada. Afanásiev morreu en 1871 a consecuencia dunha tise.

   A prensa non se fixo apenas eco da súa morte. A segunda edición dos Contos populares rusos, que tiña preparada, apareceu xa despois do falecemento do autor. Desde entón, esta recompilación é un dos libros rusos máis queridos e lidos, e o nome de Afanásiev séguese pronunciando con cariño e respecto ata hoxe.                                    

Vladímir Propp

1

Bilibin: “O paxaro de fogo”, de Afanásiev

  En España, dos seus relatos tiñamos a edición de Anaya:

Cuentos de Anaya

E a de Lumen:

LUMEN

Agora Reino de Cordelia editou estas dúas marabillas:

Búscaas na biblioteca!

Advertisements

La tortuga roja

cartel la tortue

La tortue rouge (A tartaruga vermella) é unha película de animación coproducida por Francia, Bélxica e Xapón.

slide-53-of-122-the-red-turtle-aka-le-tortue-rouge-2016-the-red-turtle-aka-le-tortue-rouge__341755_

   Foi dirixida por Michaël Dudok de Wit (Abcoude, Holanda, 1953), qu antes realizara destacadas curtametraxes, como Père et fille (Pai e filla, 2000).

684x384_338025

    É unha coproducción entre Wild Bunch Wild (sociedade francesa independente de distribución e produción cinematográfica) e o Estudio Ghibli (estudio xaponés de animación, responsable de marabillas coma O túmulo dos vagalumes).

La-Tortue-Rouge-femme

   O crítico de cine Fernando Morales escribiu moi recentemente acerca deste filme: “El holandés Michael Dudok de Wit es un privilegiado: el primer cineasta europeo amparado polos Estudios Ghibli. Nueve años de trabajo avalan La tortuga roja, un prodigio animado que combina realismo y magia, drama y ilusión, en un relato mudo que indaga en la relación del ser humano con la naturaleza y lanza una alegoría sobre el eterno ciclo de la vida y de la muerte. Sus fascinantes imágenes, en las que se intuyen trazos que van desde Hergé hasta Moebius, se sostienen en unos escrupulosos encuadres que apuestan casi por mimetizar a los personajes con el entorno natural. Una maravilla”.

critica-pelicula-la-tortue-rouge-the-red-turtle-animation-2

   O filme lembra fortemente os motivos dos relatos tradicionais, pero, por suposto, tamén as narracións de Daniel Defoe (Robinson Crusoe, de 1719) e Michel Tournier (Vendredi ou les limbes du Pacifique, de 1967, publicada en galego co título de Venres ou a vida salvaxe).

169398_01

レッドタートル ある島の物語

Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes 2016.

maxresdefault

O director  fíxose famoso no mundo da animación en 1994, coa súa curta Le Moine et le Poisson.

le moine et ...

Fotograma da curta Le moine et le poisson (O monxe e o peixe).

1889RobinsonCrusoeUSA

Portada dunha edición estadounidense de 1889.

NCWyeth_robinson crusoe 2222 blog

O náufrago Robinson, nunha ilustración do artista estadounidense N. C. Wyeth (1882- 1945)

Marjane Satrapi

   Satrapi (Rasht, Irán. 1969) introduciuse no mundo del cómic da man de David B., quen lle suxeriu narrar os seus recordos de infancia en Irán.

persepolis_marjane_satrapi

 

Persépolis, París, L’Association, 2000-2003 (ed. en castellano, Persépolis, Barcelona, Norma, 2002-2004).

persepolis9517

  Persépolis arranca nos momentos finais do réxime do Sha e continúa coas miserias e horrores da vida nun estado teocrático.

perse1

Publicouse en catro volumes e alcanzou un gran éxito de crítica e público.

-persepolis-film-top-movies

  Foi adaptada pola mesma Satrapi e por Vincent Paronnaud ao cine de animación (2007).

Outras obras da autora son:

I-Grande-2822-sagesse-et-malices-de-la-perse.net

Sagesse et malices de la Perse, en colaboración con Lila Ibrahim-Ouali e Bahman Namwar-Motlag, París, Albin Michel, 2001.

51BNJZVWT2L

Les monstres n’aiment pas la lune, París, Nathan, 2001.

51YCWXYCZBL

Ulysse au pays des fous (en colaboración con Jean-Pierre Duffour), París, Nathan, 2001.

01202700801_g

Ajdar, París, Nathan, 2002.

41NJLkNIPpL._SX369_BO1,204,203,200_

Broderies, París, L’Association, 2003 (ed. en castelán, Bordados, Barcelona, Norma, 2004).

41TR1zuyAXL._SX336_BO1,204,203,200_

Poulet aux prunes, París, L’Association, 2003 (ed. en castelán, Pollo con ciruelas, Barcelona, Norma, 2005).

page80_2

Como directora, á parte de Persépolis, filmou tamén:

19801902

Poulet aux prunes (Pollo con ciruelas, con Vincent Paronnaud), 2011.

media

La Bande des Jotas, 2013.

200250e79d49d37e95354c8fa4c6a9dc--marjane-satrapi-streaming-vf

The Voices, 2014.

Historias de misterio

   O noso alumnado de 1º de ESO escribiu estas historias cheas de misterios, investigacións e … detectives.

Os detectives

   Érase unha vez uns nenos de oito anos que querían ser detectives, e decidiron facer o seu código para que ninguén soubese de que estaban falando.

Seguiron en contacto durante moitos anos. Fixéronse maiores, e seguían gardando o papel onde estaba escrito o seu propio alfabeto.

   Un deles díxolle ao outro que no seu traballo acababa de entrar a traballar un home moi sospeitoso. El non se fiaba nada do home, a pesar de que tiña moi bo aspecto. Entón convenceu o seu amigo para investigalo e, grazas ao seu código, podían facelo sen que ninguén o soubese.

   Cando chegou ao día seguinte ao seu traballo viu na mesa do seu compañeiro un oso de peluche. Ao terminar o seu traballo, chamou o seu amigo para dicirlle que encontrara un peluche, o seu amigo díxolle que só era un oso de peluche, nada máis. O día seguinte, cando o seu novo compañeiro non o miraba, colleulle o oso e lle quitou un ollo. Resultou que era unha cámara, e co seu código mandoulle ao seu amigo unha  mensaxe, que puña:

img100

Texto e ilustración: Cristina Martínez Souto (1º ESO C)

A incrible historia de Paco, o detective

   Hai moito moito tempo, un rapás chamado Paco, mirou unha película de detectives, e encantoulle. A película chamábase As aventuras de Sherlock Holmes e foi unha grande inspiración para el. Tanto, que dixo que de maior quería ser detective, e así foi.
Cando cumpriu vinte anos fundou unha empresa, que se chamaba “Paco Homes”. Só traballaba el, pero era moi feliz de ter cumprido o seu soño.
Non soía ter clientes, de modo que lle custaba chegar a fin de mes. De vez en cando saía a pasear e buscar crimes pola cidade. Incluso a policía o tiña fichado como dos mellores. Axudábaos a miúdo, pero, aínda así, tiña moito tempo libre, porque era unha cidade moi tranquila.
A miúdo pensaba en mudarse a un sitio con máis indicios de criminalidade, pero non tiña os suficientes cartos. Vivía nun piso pequeno, pero, como estaba só, chegáballe. No seu tempo libre inventába codigos en clave; o seu favorito era:

A 5 E 22 I 45 M 86 P 65 T 14 X 333
B 2 F 1 J 29 N 54 Q 37 U 61 Y 445
C 7 G 6 K 79 Ñ 0 R 087 V 41 Z 1132
D 9 H 77 L 21 O 98 S 479 W 987

Title Cover2 (Small)(3)

Luís Mariño Martínez (1º ESO C)

Os traficantes de peluches

Hai trinta anos había unha panda de amig os, os cales dedicábanse a roubar peluches para, polas noites ir a casa dos rapaces pobres, e deixarlles peluches.
Levaban nove anos facéndoo, ata que un día… ¡SUCEDEU!
Íanse pasar unha mensaxe en clave, que dicía… (Cantos peluches precisamos roubar para hoxe a noite?) Ao terminar de lela, botárona ao chan.
Pola tarde, cando a policía patrullaba por esa rúa, atoparon a nota. A policía descifrouna e empezaron a búsqueda.
Cando os atoparon, a policía decidiu quitarlles os peluches aos nenos, que quedaron moi tristes, xa que era o único que tiñan, e quitáranllelas.
Pero, como estaban tan tristes, a policía decidiu, darlles aos nenos os peluches, pero arrestar os ladróns, e os nenos quedaron moi contentos cos seus peluches.
Dende aquel día, todos quedaron tranquilos…

2000354481096_2

Peluche da serie de animación rusa Masha e o oso

Blanca Cabanelas García

 

O principiño

Antoine de Saint-Exupéry publicouna en 1943.

9788498654097

A tradución galega de Carlos Casares é considerada unha xoia literaria.

A obra é un fenómeno editorial (e de merchandising): vendeu máis de corenta e cinco millóns de exemplares en todo o mundo.

el principito traballando o planeta

Foi traducida a 270 linguas.

div-litstex1

   Isto convértea nunha das obras  literarias máis traducidas do mundo. Tamén é unha das máis vendidas.

into its 300th language—Hassanya—a North African variant of Arabi

Tradución ao hassanya (variante norteafricana do árabe, falada na rexión desértica do suroeste do Magreb: sur de Marrocos, suroeste de Arxelia, Sáhara Occidental e Mauritania, e tamén en zonas de Malí, Níxer e Senegal).

No relato baseáronse películas e filmes de animación, coma o de Mark Osborne.

film

Tamén hai versións en cómic, entre as que destaca a de Joann Sfar:

Joann Sfar

En 1974 estreouse unha película musical angloestadounidense, dirixida e producida polo cineasta estadounidense Stanley Donen.

5fe6a3702ebaaab1915024a3543ecd37

C   on ocasión do 60 aniversario do relato de Saint-Exupéry, Le Figaro Littéraire encargou a Moebius, o xenial debuxante de Arzach e do Garaxe Hermético, que realizase un debuxo do personaxe protagonista.

Moebius

“Tes un bo veneno? Estás segura de que non me farás sufrir demasiado tempo?”

   A propósito das ilustracións de Saint-Exupéry, Mœbius  declarou: 

   “Saint-Exupéry era un debuxante natural, sen formación. […] O seu debuxo non pertence a un repertorio artístico dogmático. Non está encerrado en ningún corsé académico ben aprendido. Brota sen filtro, na alegría e na simplicidade. É por esta razón que non pasa de moda”.

baobabs

Henry James: Washington Square

Henry James

ICULT HENRY JAMES

   Henry James naceu en Nova York en 1843, e, despois de ter vivido en Paris (onde se encontrou con Turguéniev e Flaubert), decidiu vivir desde 1876 en Inglaterra. Morreu en Londres en 1916.

   Desde a idade de dezasete anos, James estudou pintura co su irmán maior, William James, no taller de William Morris Hunt. Turbado pola intimidade que isto implicaba cos modelos, descobriu que non estaba feito para unha relación tan directa coa realidade e decidiu tratala mediante a novela.

Italian Peasant Boy. 1866. William Morris Hunt

William Morris Hunt: Mozo campesiño italiano, 1866.

   Pero nunca deixou de visitar galerías e museos, de relacionarse con pintores e de redactar crónicas que o colocan na liña de Baudelaire ou Zola, en particular cando trata de artistas franceses como Daumier ou Delacroix.

MI-daumier-drouot

Honoré Daumier, caricaturista francés (Marsella, 1808 – 1879): Unha sala do Hotel Drouot, un día de exposición.

Washington Square (1880)

Washington Square

   Novela de Henry James, primeiro publicada baixo forma de folletín no Cornhill Magazine (prestixiosa revista literaria mensual británica da época victoriana, que debeu o seu nome a unha rúa de Londres) e no Harper’s Magazine (revista mensual estadounidense, fundada en 1850,  unha das publicacións máis antigas dos EUA) a partir de 1880.

portada libro

   Segundo Cynthia Ozick, escritora norteamericana nacida no ano 1928, que prologou a novela, esta obra é, para Graham Greene “quizais a única novela en que un home conseguiu invadir o campo feminino producindo unha obra comparable ás de Jane Austen”.

Du Maurier

George du Maurier, escritor e ilustrador británico (1834-1896): English Society, New York, 1897.

Foi varias veces adaptada ao cine. A versión de William Wyler é extraordinaria.     

l_heritiere_sm

    The Heiress (1949) é un extraordinario filme estadounidense de Wyler , interpretado por Olivia de Havilland (Catherine), Ralph Richardson (Dr. Sloper) et Montgomery Clift (Morris). En España titulouse A heredera.

Johnny Ruzzo

Ilustración de Johnny Ruzzo para a novela. Washintong Square.

   Washington Square (1997) é un filme norteamericano de Agnieszka Holland, nacida en Varsovia, Polonia, 1948,  directora e guionista de cine e televisión, con Jennifer Jason Leigh, Albert Finney, Ben Chaplin  e Maggie Smith.

washington_square Holland

Christine Nöstlinger: Intercambio cun inglés

Christine Nostlinger

Christine Nöstlinger (1936, Hernals, perto de Viena) é unha autora austríaca da literatura xuvenil e infantil.

Das Austauschkind 1982

Estudou artes gráficas en Viena e publicou  seu primeiro libro en 1970, Die feuerrote Friederike (Federica la pelirroja).

es22522_100544

Recibiu o premio Hans Christian Andersen en 1984 e o premio Astrid Lindgren en 2003.

Escribe para a radio, a televisión e a prensa.

Entre as súas numerosísimas novelas, hai una divertida obra autobiográfica sobre a súa infancia en Viena durante a guerra, titulada Der geheime Großvater (El abuelo misterioso).

 

 

 

 

 

17060770216

El abuelo misterioso

Intercambio cun inglés é unha divertidísima novela que merece a pena ler.

46635268_0.jpg