Superheroínas e superheroes

Algunhas das nosas alumnas e alumnos de 1º de ESO deseñaron personaxes con superpoderes e redactaron os textos que seguen. Esperamos que vos gusten!

SUPERSAYÁN
José Antonio Argibay Ligero 1º C

Había unha vez, no planeta Terra, un home chamado Supersayán, que tiña que defender o planeta das ameazas interespaciais.

O planeta Terra estaba ameazado por alieníxenas de todo tipo, como Rex, aquel dinosauro de catro cabezas, ou Cerbero, o can do inframundo, que é enorme, de magma e con tres cabezas.
Xunto a el sempre loitan, Electro e Acqua, que controlan a electricidade e a auga.
Cando loitaron contra Cerbero, ao que só tiñan que eliminar as cabezas, repartíronse o traballo e Acqua conseguiu afogar unha delas. Electro chamoscou outra e Supersayán rebentou a última cunha das súas mellores ondas de enerxía.

José Antonio Argibay Ligero 1º ESO C

WOMENS

     Esta non é unha historia dunha superheroína que loita. É unha historia que simplemente describe unha figura feminina que fai de heroína, pero non loita cos malos, senón que defende. Defende a figura da muller nestes tempos escuros e machistas.

1º C Cristina e Lara Womens

     Aínda que dende hai unhas décadas xa temos voz e voto, as mentes das persoas seguen estando da mesma forma. Pero din que  “Womens”, esta superheroína, apareceu, e agora  as mulleres somos máis valoradas.

     Hai sobre ela unha anécdota moi curiosa. Womens quixo facer un experimento, e pediulles a uns actores que foran á praza máis coñecida da súa cidade, o home tiña que berrarlle e darlle unha labazada (claramente actuando), e, sabedes qué? NINGUÉN pero NINGUÉN a axudou!

     Todos os miraban pero ninguén facía nada. Iso deulle unha perspectiva da xente que non coñecía:  todos apoiaban a Womens, pero, á hora da verdade, quedaban parados. “Nas  manifestacións, loitamos”, pensou. A actriz dicía: “Na miña vida tería pensado que ninguén me axudaría”, e  así  foi. Esta é a crúa realidade.

     Ao final todos somos iguais, sexamos homes ou mulleres. Esta historia irreal só nolo recorda.

Lara Graña Colombo e Cristina Domínguez Pintos 1ºESO B

O burbulleiro

   Un día pola mañá, Burbulleiro saíu da súa Burbullocova para mirar como ían as cousas. Entón oíu uns berros que pedían auxilio. Auuu! Auuxiliooo! Aaargh!

O burbulleiro (Manuel)  1ºB 001

    Foi averiguar o que acontecía e viu a Uñeiro, que intentaba atrapar a xente nunhas cápsulas para facer un experimento no que lle transmitirían toda a súa intelixencia, mediante uns tubos que estaban conectados nas cabezas dos humanos, e que lle pasaran o que contiña o  cerebro ao seu ordenador e, así, Burbulleiro non o podería deter.
Coa súa velocidade, Burbulleiro conseguiu liberar a xente e atrapar a Uñeiro nunha burbulla, que acabou voando e rebentando.

Manuel Portela Crespo 1º ESO B

Anxos e demos

   O día -37 de sopno, no planeta Hamicana, naceron dúas fermosas xemelgas, chamadas Rons e Macli. Rons era boa e amable, polo que a alcumaron Anxo; pola contra, Macli era mala e cobizosa, polo que a alcumaron Demo.

Mariña Fernández Buceta e Elena Veiga Vilariño 1ºC

Ao cabo duns anos, Macli quería vinganza polo seu alcume, e tamén porque a súa irmá era perfecta. Emprenderon unha pelexa que durou días e noites. Chegaron a destruír cidades!
Durou un mes a interminable liorta. Ao final, Macli foi condenada ao inferno, e non podería saír nunca daquel lugar. Alí foi onde lle deron o poder da malicia. En cambio, a súa irmá, Rons, foi ao ceo, por salvar moitas persoas de ser destruídas. Aí concedéronlle o poder da sabedoría.

Elena Veiga Vilariño e Mariña Fernández Buceta. 1º ESO B

A HISTORIA DE HOLY DIVER

   Tras a morte de Ronnie James Dio, no 2012, este asasino apareceu diante da súa tumba, ao mes seguinte da defunción. Contemplando o lugar de enterramento deu un grito satánico, lamentándose.Óscar García Freitas 1º C

A súa orixe era descoñecida e non tiña ADN, polo cal, tras matar  moitas persoas, non podían saber onde se agochaba. Pero había xente que, nos bosques, divisara marcas del.
Despois da súa captura por parte do FBI, levárono a un manicomio, onde estivo tres anos, preso na súa histeria e demencia. Ao parecer pediu unha radio, puxo unha cadea de metal e, ao escoitar Raining Blood – Slayer, o seu poder aumentou e fixo rebentar toda aquela casa de tolos: os dementes quedaron libres.
Para celebrar a súa vitoria, fixo que os tolos fosen os seus secuaces e, ademais, cantasen a canción de ANTHRAX – Madhouse, baseada na revenda dun manicomio.
Incorporouse a un club de moteros e adquiriu o mote de Mr. Bang Head, pola a súa agresividade ao facer o head bang.

Óscar García Freitas 1º ESO C

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s