Marjane Satrapi

   Satrapi (Rasht, Irán. 1969) introduciuse no mundo del cómic da man de David B., quen lle suxeriu narrar os seus recordos de infancia en Irán.

persepolis_marjane_satrapi

 

Persépolis, París, L’Association, 2000-2003 (ed. en castellano, Persépolis, Barcelona, Norma, 2002-2004).

persepolis9517

  Persépolis arranca nos momentos finais do réxime do Sha e continúa coas miserias e horrores da vida nun estado teocrático.

perse1

Publicouse en catro volumes e alcanzou un gran éxito de crítica e público.

-persepolis-film-top-movies

  Foi adaptada pola mesma Satrapi e por Vincent Paronnaud ao cine de animación (2007).

Outras obras da autora son:

I-Grande-2822-sagesse-et-malices-de-la-perse.net

Sagesse et malices de la Perse, en colaboración con Lila Ibrahim-Ouali e Bahman Namwar-Motlag, París, Albin Michel, 2001.

51BNJZVWT2L

Les monstres n’aiment pas la lune, París, Nathan, 2001.

51YCWXYCZBL

Ulysse au pays des fous (en colaboración con Jean-Pierre Duffour), París, Nathan, 2001.

01202700801_g

Ajdar, París, Nathan, 2002.

41NJLkNIPpL._SX369_BO1,204,203,200_

Broderies, París, L’Association, 2003 (ed. en castelán, Bordados, Barcelona, Norma, 2004).

41TR1zuyAXL._SX336_BO1,204,203,200_

Poulet aux prunes, París, L’Association, 2003 (ed. en castelán, Pollo con ciruelas, Barcelona, Norma, 2005).

page80_2

Como directora, á parte de Persépolis, filmou tamén:

19801902

Poulet aux prunes (Pollo con ciruelas, con Vincent Paronnaud), 2011.

media

La Bande des Jotas, 2013.

200250e79d49d37e95354c8fa4c6a9dc--marjane-satrapi-streaming-vf

The Voices, 2014.

Advertisements

Historias de misterio

   O noso alumnado de 1º de ESO escribiu estas historias cheas de misterios, investigacións e … detectives.

Os detectives

   Érase unha vez uns nenos de oito anos que querían ser detectives, e decidiron facer o seu código para que ninguén soubese de que estaban falando.

Seguiron en contacto durante moitos anos. Fixéronse maiores, e seguían gardando o papel onde estaba escrito o seu propio alfabeto.

   Un deles díxolle ao outro que no seu traballo acababa de entrar a traballar un home moi sospeitoso. El non se fiaba nada do home, a pesar de que tiña moi bo aspecto. Entón convenceu o seu amigo para investigalo e, grazas ao seu código, podían facelo sen que ninguén o soubese.

   Cando chegou ao día seguinte ao seu traballo viu na mesa do seu compañeiro un oso de peluche. Ao terminar o seu traballo, chamou o seu amigo para dicirlle que encontrara un peluche, o seu amigo díxolle que só era un oso de peluche, nada máis. O día seguinte, cando o seu novo compañeiro non o miraba, colleulle o oso e lle quitou un ollo. Resultou que era unha cámara, e co seu código mandoulle ao seu amigo unha  mensaxe, que puña:

img100

Texto e ilustración: Cristina Martínez Souto (1º ESO C)

A incrible historia de Paco, o detective

   Hai moito moito tempo, un rapás chamado Paco, mirou unha película de detectives, e encantoulle. A película chamábase As aventuras de Sherlock Holmes e foi unha grande inspiración para el. Tanto, que dixo que de maior quería ser detective, e así foi.
Cando cumpriu vinte anos fundou unha empresa, que se chamaba “Paco Homes”. Só traballaba el, pero era moi feliz de ter cumprido o seu soño.
Non soía ter clientes, de modo que lle custaba chegar a fin de mes. De vez en cando saía a pasear e buscar crimes pola cidade. Incluso a policía o tiña fichado como dos mellores. Axudábaos a miúdo, pero, aínda así, tiña moito tempo libre, porque era unha cidade moi tranquila.
A miúdo pensaba en mudarse a un sitio con máis indicios de criminalidade, pero non tiña os suficientes cartos. Vivía nun piso pequeno, pero, como estaba só, chegáballe. No seu tempo libre inventába codigos en clave; o seu favorito era:

A 5 E 22 I 45 M 86 P 65 T 14 X 333
B 2 F 1 J 29 N 54 Q 37 U 61 Y 445
C 7 G 6 K 79 Ñ 0 R 087 V 41 Z 1132
D 9 H 77 L 21 O 98 S 479 W 987

Title Cover2 (Small)(3)

Luís Mariño Martínez (1º ESO C)

Os traficantes de peluches

Hai trinta anos había unha panda de amig os, os cales dedicábanse a roubar peluches para, polas noites ir a casa dos rapaces pobres, e deixarlles peluches.
Levaban nove anos facéndoo, ata que un día… ¡SUCEDEU!
Íanse pasar unha mensaxe en clave, que dicía… (Cantos peluches precisamos roubar para hoxe a noite?) Ao terminar de lela, botárona ao chan.
Pola tarde, cando a policía patrullaba por esa rúa, atoparon a nota. A policía descifrouna e empezaron a búsqueda.
Cando os atoparon, a policía decidiu quitarlles os peluches aos nenos, que quedaron moi tristes, xa que era o único que tiñan, e quitáranllelas.
Pero, como estaban tan tristes, a policía decidiu, darlles aos nenos os peluches, pero arrestar os ladróns, e os nenos quedaron moi contentos cos seus peluches.
Dende aquel día, todos quedaron tranquilos…

2000354481096_2

Peluche da serie de animación rusa Masha e o oso

Blanca Cabanelas García

 

O principiño

Antoine de Saint-Exupéry publicouna en 1943.

9788498654097

A tradución galega de Carlos Casares é considerada unha xoia literaria.

A obra é un fenómeno editorial (e de merchandising): vendeu máis de corenta e cinco millóns de exemplares en todo o mundo.

el principito traballando o planeta

Foi traducida a 270 linguas.

div-litstex1

   Isto convértea nunha das obras  literarias máis traducidas do mundo. Tamén é unha das máis vendidas.

into its 300th language—Hassanya—a North African variant of Arabi

Tradución ao hassanya (variante norteafricana do árabe, falada na rexión desértica do suroeste do Magreb: sur de Marrocos, suroeste de Arxelia, Sáhara Occidental e Mauritania, e tamén en zonas de Malí, Níxer e Senegal).

No relato baseáronse películas e filmes de animación, coma o de Mark Osborne.

film

Tamén hai versións en cómic, entre as que destaca a de Joann Sfar:

Joann Sfar

En 1974 estreouse unha película musical angloestadounidense, dirixida e producida polo cineasta estadounidense Stanley Donen.

5fe6a3702ebaaab1915024a3543ecd37

C   on ocasión do 60 aniversario do relato de Saint-Exupéry, Le Figaro Littéraire encargou a Moebius, o xenial debuxante de Arzach e do Garaxe Hermético, que realizase un debuxo do personaxe protagonista.

Moebius

“Tes un bo veneno? Estás segura de que non me farás sufrir demasiado tempo?”

   A propósito das ilustracións de Saint-Exupéry, Mœbius  declarou: 

   “Saint-Exupéry era un debuxante natural, sen formación. […] O seu debuxo non pertence a un repertorio artístico dogmático. Non está encerrado en ningún corsé académico ben aprendido. Brota sen filtro, na alegría e na simplicidade. É por esta razón que non pasa de moda”.

baobabs

Henry James: Washington Square

Henry James

ICULT HENRY JAMES

   Henry James naceu en Nova York en 1843, e, despois de ter vivido en Paris (onde se encontrou con Turguéniev e Flaubert), decidiu vivir desde 1876 en Inglaterra. Morreu en Londres en 1916.

   Desde a idade de dezasete anos, James estudou pintura co su irmán maior, William James, no taller de William Morris Hunt. Turbado pola intimidade que isto implicaba cos modelos, descobriu que non estaba feito para unha relación tan directa coa realidade e decidiu tratala mediante a novela.

Italian Peasant Boy. 1866. William Morris Hunt

William Morris Hunt: Mozo campesiño italiano, 1866.

   Pero nunca deixou de visitar galerías e museos, de relacionarse con pintores e de redactar crónicas que o colocan na liña de Baudelaire ou Zola, en particular cando trata de artistas franceses como Daumier ou Delacroix.

MI-daumier-drouot

Honoré Daumier, caricaturista francés (Marsella, 1808 – 1879): Unha sala do Hotel Drouot, un día de exposición.

Washington Square (1880)

Washington Square

   Novela de Henry James, primeiro publicada baixo forma de folletín no Cornhill Magazine (prestixiosa revista literaria mensual británica da época victoriana, que debeu o seu nome a unha rúa de Londres) e no Harper’s Magazine (revista mensual estadounidense, fundada en 1850,  unha das publicacións máis antigas dos EUA) a partir de 1880.

portada libro

   Segundo Cynthia Ozick, escritora norteamericana nacida no ano 1928, que prologou a novela, esta obra é, para Graham Greene “quizais a única novela en que un home conseguiu invadir o campo feminino producindo unha obra comparable ás de Jane Austen”.

Du Maurier

George du Maurier, escritor e ilustrador británico (1834-1896): English Society, New York, 1897.

Foi varias veces adaptada ao cine. A versión de William Wyler é extraordinaria.     

l_heritiere_sm

    The Heiress (1949) é un extraordinario filme estadounidense de Wyler , interpretado por Olivia de Havilland (Catherine), Ralph Richardson (Dr. Sloper) et Montgomery Clift (Morris). En España titulouse A heredera.

Johnny Ruzzo

Ilustración de Johnny Ruzzo para a novela. Washintong Square.

   Washington Square (1997) é un filme norteamericano de Agnieszka Holland, nacida en Varsovia, Polonia, 1948,  directora e guionista de cine e televisión, con Jennifer Jason Leigh, Albert Finney, Ben Chaplin  e Maggie Smith.

washington_square Holland

Christine Nöstlinger: Intercambio cun inglés

Christine Nostlinger

Christine Nöstlinger (1936, Hernals, perto de Viena) é unha autora austríaca da literatura xuvenil e infantil.

Das Austauschkind 1982

Estudou artes gráficas en Viena e publicou  seu primeiro libro en 1970, Die feuerrote Friederike (Federica la pelirroja).

es22522_100544

Recibiu o premio Hans Christian Andersen en 1984 e o premio Astrid Lindgren en 2003.

Escribe para a radio, a televisión e a prensa.

Entre as súas numerosísimas novelas, hai una divertida obra autobiográfica sobre a súa infancia en Viena durante a guerra, titulada Der geheime Großvater (El abuelo misterioso).

 

 

 

 

 

17060770216

El abuelo misterioso

Intercambio cun inglés é unha divertidísima novela que merece a pena ler.

46635268_0.jpg

Poemas e linguas

O noso alumnado de 1º de BAP compuxo os seguintes poemas:

Francesca-Woodman-House-3-Providence-Rhode-Island-1976

Francesca Woodman (fotógrafa estadounidense, 1958-1981): House #3, Providence, Rhode Island, 1976.

É inhumano

romper o seu mundo

para adentrarse noutro.

Iria Díaz Sartal

1478885641

Chema Madoz (fotógrafo nacido en Madrid en 1958)

Estraño algunhas palabras

que non dominaba

do meu castelán.

María Gómez Neira

The hell of Sierra Pelada mines, 1980s (4) O garimpo de ouro (Sebastiao Salgado)

Sebastião Salgado (fotógrafo brasileiro nacido en  1944​​ en Aymorés, Minas Gerais): O garimpo de ouro de Serra Pelada (anos oitenta).

Terra,

que esconde a historia.

Historia, que esconde a lingua.

Anxo Lorenzo Segade

Jane Austen

Orgullo e prexuízo

Jane_Austen_coloured_version

Retrato da escritora por James Andrews, baseado nun debuxo inacabado da súa irmá, Cassandra Austen, en 1870.

   Jane Austen tiña vinte e dous anos cando escribiu First impressions, título da primeira versión de Pride and Prejudice.

124

Edición de 1894, ilustrada polo artista inglés Hugh Thomson

A filla dun crego rural, nacida en Steventon en 1775, que permaneceu solteira ata a súa morte prematura, aos corenta e un anos, non vería publicada esta obra ata 1813.

Scene from Pride and prejudice

Ilustración de Hugh Thomson (1860-1920) para Pride and Prejudice. O debuxante británico é particularmente coñecido polas súas ilustracións das novelas de Austen.

   Ela non quixo que o seu nome aparecese no libro; unicamente se aseguraba que a novela, tal e como ocorreu dous anos antes cando se publicou Sentido e sensibilidade, tiña sido escrita “por unha dama”.

Pickering_-_Greatbatch_-_Jane_Austen_-_Pride_and_Prejudice_-_She_then_told_him_what_Mr._Darcy_had_voluntarily_done_for_Lydia

Gravado de 1833 cunha escena do capítulo 59 da obra de Jane Austen Pride and Prejudice. Elizabeth, a protagonista, fala co seu pai, Mr. Bennet.

   Lourdes Ventura indica que, aínda que “a primera vista sólo hizo literatura de cuarto de estar, […] aplica una lupa implacable e irónica sobre las convenciones sociales de su época”. Os temas que analiza esta extraordinaria novela son “los pactos familiares

Aunt

Hugh Thomson: Mr. Darcy fala coa súa tía, Lady Catherine de  Bourgh.

soterrados, las consecuencias de las leyes hereditarias, las transacciones económicas vinculadas a los afectos, las hipocresías”, que “confluyen en estas miniaturas literarias como una forma sutilísima de desenmascaramiento social. De ahí que el tintineo de la riqueza y sus efectos sobre el amor constituyan la auténtica materia de Orgullo y prejuicio.”

 

 

“Lizzy empezó a comprender que él era el hombre que por su situación y talento más le habría convenido. Su inteligencia y su temperamento, aunque muy distintos de los de ella, habrían colmado sus deseos. Habría sido una unión ventajosa para ambos: con la soltura y viveza de ella el carácter de él se hubiese dulcificado y sus modales mejorado, y del juicio, cultura y conocimiento del mundo que él poseía ella hubiese recibido importantes beneficios”.          

               (Capítulo 50 de Orgullo y prejuicio, tradución de Ana Mª Rodríguez)

Lambton_Castle_Durham_Morris_edited

Castelo na campía inglesa (Lambton Castle, Durham, século XIX).

Outras obras da mesma autora son Mansfield Park (1814), Emma (1815) ou Persuasión (1818, póstuma).

Thomson-PP07

Ilustración de Hugh Thompson para o capítulo 7 de Pride and Prejudice : Bingley coida de Jane (1894).

As adaptacións cinematográficas y televisivas son múltiples. Recentemente (2005) Joe Wright versionou Orgullo e prexuízo:

1490672817_focusfeatures_prideandprejudice_keiraknightley_matthewmacfadyen_joewright_bg1

Keira Knightley é Elizabeth Bennet e
Matthew Macfadyen é Mr Fitzwilliam Darcy no filme homónimo do director Joe Wright

Unha adaptación anterior, de 1940, é a versión norteamericana dirixida por Robert Z. Leonard.

Prideundprejudice

Greer Garson e Laurence Olivier protagonizan o filme.

The_novels_and_letters_of_Jane_Austen_(1906)_(14596180088)

Charles Edmund Brock (1870 – 1938), debuxante británico: ilustración para “The novels and letters of Jane Austen” (1906).