Día das Letras Galegas

Carlos Casares

SEY10P1F4_194350

   Naceu en Ourense en 1941 e morreu na Ramallosa (Nigrán) en 2002. Foi un narrador, xornalista, crítico literario e político. Estudou en Santiago de Compostela, onde entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial.

   Cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres e a novela Xoguetes pra un tempo prohibido. Viñeron logo o libro de relatos Os escuros soños de Clío e as novelas Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán.  Destacou tamén como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998 (“Á marxe”).

47159202

   Traballou por encargo de Ramón Piñeiro nunha edición crítica de Aires da miña terra de Curros Enríquez. Cando ía levarlle a edición rematada, coñeceu no tren a Karin Anna Kristina Berg, unha moza de Halmstad, Suecia. Casaron ese mesmo ano e foi a súa muller até a fin dos seus días. Por este motivo Casares visitou con frecuencia Suecia, un país cunha sociedade aberta, democrática e avanzada, e alí naceron os seus fillos Håkan e Christian.

   No ano 1974 conseguiu praza de profesor de Lingua e Literatura Española no Instituto de Ensino Medio de Cangas. Pero ao pouco tempo foi expedientado xunto a Xosé Luís Méndez Ferrín, Xesús Alonso Montero e Francisco Rodríguez Sánchez.

51iqHKU2QzL__SX329_BO1,204,203,200_

   Un ano despois gañou o premio Galaxia coa novela Xoguetes para un tempo prohibido. O certame levouno a ser recoñecido como unha das voces emerxentes máis renovadoras e significativas da narrativa galega. Isto, xunto aos estudos realizados sobre Otero Pedrayo, Vicente Risco ou Curros, levouno a entrar na Real Academia Galega.

    Casares participou da política galega nos anos de transición e de comezo da democracia. Foi un dos vinte e un asinantes do manifesto Realidade Galega, nacido co obxectivo de conseguir un Estatuto Galego como o de Cataluña e o do País Vasco de 1979. Este feito púxoo en primeira liña da política galega daquel entón, o que levou  participación nas Eleccións de outubro como independente nas listas do PSOE e a ser membros do primeiro parlamento de Galiza no ano 1981. Cómpre salientar o esforzo que faría na redacción e aprobación da Lei de normalización lingüística no 1983 e a creación do Consello da Cultura Galega no mesmo ano. Mais a actividade política non remataba de convencer a Casares e, catro anos máis tarde, non se volvería presentar ás eleccións e pasaría a centrarse de novo no traballo cultural. Presidiu durante varios anos o Consello da Cultura Galega.

61YKvCMOPhL

   Tamén publicou varios libros de literatura infantil, como A galiña azul, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, O can Rin e o lobo Crispín e a serie Toribio.

o-can-rin

   Como biógrafo e ensaísta escribiu sobre Manuel Curros Enríquez, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Ánxel Fole, Francisca Herrera Garrido, Fermín Bouza-Brey, Ramón Piñeiro, Juan de la Coba e o Padre Sarmiento.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s