Correlingua 2017

   O alumnado de 1º de ESO vai participar na carreira Correlingua o próximo xoves 25 de maio e, xa que o noso centro está colaborando no programa Meteoescolas, as palabras escollidas para o dorsal teñen que ver co clima.

A miña boca non se equivoca

Alimenta o planeta
boura polo vento
a lingua dos galegos
non se aguanta nos museos.
Eu quero ir polo mundo
mais por un mundo diverso
onde cada home pouse
o poder do seu acento.

Fala, non pares!
Fala, non cales!

A miña boca provoca
a miña boca non se equivoca.

Un saúdo os antergos,
marcharon lonxe da casa,
cantaruxaron a eito
na Arxentina e Alemaña.
Agora é o noso tempo,
o camiño nas entrañas,
p’ra fecundar o planeta
coa forza da palabra.

Fala, non pares!
Fala, non cales!

A miña boca provoca
a miña boca non se equivoca.

Son o xigante do consumismo
e moito me molesta que sexades distintos.
A diversidade non me vai a diferencia é un problema
p’ra vender o que me peta sempre coa mesma etiqueta.
Eu son o dono do mundo vouvos comer o futuro.
xa papei moitas linguas dentro do meu bandullo.

Fala, non cales!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s