Narracións do noso alumnado de ESO

A nosa alumna de 1º ESO Salma Aga Oubrame escribiu esta narración, inspirada nos contos tradicionais recollidos en Alemaña polos irmáns Grimm, en Rusia por Afanásiev ou en Italia por Calvino :

        O  silencio

img088

    Había una vez una nena que vivía nun gran castelo, que estaba encantado.

   Ela criouse soa, sen que ninguén a coidase. Sempre se asomaba e observaba o inmenso bosque que se estendía diante do seu cuarto.

   Un día decidiu ir explorar o exterior, xa que nunca saíra daquel lugar.

   De camiño, atopou un colar no chan e colleuno. Ao tocalo, o bosque desapareceu.  Moi asustada, regresou rapidamente ao palacio. Viu que había unha multitude de persoas ante a porta e caeu na conta de que aquelas árbores que desapareceran eran as persoas que levaban séculos cun feitizo maligno que lles fixera una bruxa malvada.

Salma Aga Oubrame  1ºESO A

A alumna de 1º de ESO Cristina Crespo López escribiu esta narración fantástica ilustrada por ela mesma:

Os unicornios

img075

   Hai un tempo, existían uns animais fermosos que todo o mundo quería ter. Chamábanse unicornios, eran como pequenos cabalos de distintos cores que voaban e tiñan un corno na parte superior da cabeza. Co tempo, os cazadores fóronos matando para obter o seu corno, pero hoxe en día, aínda hai esperanza. Todos os que quedan viven nunha gran parte de Noruega, grazas a que se volveron animais de climas fríos.

   Porque credes que hai tantos arcos da vella en Noruega?

   Agora xa o sabedes.

Cristina Crespo López

   A alumna de 1º de ESO Marina Vilaboa Sousa escribiu esta orixinal (e un pouco tétrica, como é a moda) narración ilustrada por ela mesma:

Tsuranai: novo semestre de clases

Chámome Kaede. Kaede Akamatsu, a superpianista de bacharelato. Esta é a historia de como a desesperanza dominou Xapón e, despois, o mundo enteiro. As causantes desta carnicería foron as Irmás da desesperación, as “Mastersminds”.   img075Por sorte eu non sigo viva. Fun executada por asasinar a Rantaro. A miña execución foi bastante dolorosa: morrín afogada mentres tocaba o piano, pero os meus compañeiros sufrirán co paso do tempo nas instalacións da academia Pico da Esperanza.

   Cometín un erro ao matar, pero advírtovos que non vos encariñedes con ningún dos protagonistas. Nunca sabes quen será o primeiro.

            Marina Vilaboa Sousa

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s