8 de marzo:Käthe Kollwitz

Käthe Kollwitz

kathe-kollwitz-self-portrait 1934

Autorretrato (Selbstbidnis) 1934

(Königsberg, actual Kaliningrado, 1867 – Moritzburg, Sajonia, 1945): pintora, escultora, escritora e artista gráfica alemá. Destacou tamén pola súa ideoloxía pacifista.

   É unha das figuras máis destacadas do realismo crítico a finais do século XIX e principios do XX.

Death 1894

Not (Miseria), 1897. Litografía

   En febreiro de 1893, a asistencia á representación do drama Os tecedores de Gerhart Hauptmann suxeriulle o seu primeiro gran ciclo gráfico: A rebelión dos tecedores (1893-97).

la-marcha-de-los-tejedores-en-berlin

A marcha dos tecedores en Berlín

      Nese tempo produciuse un grande acontecemento: a estrea de Os tecedores de Hauptmann na Freie Bühne. A representación foi pola mañá. Xa non recordo quen me conseguiu unha entrada. Ao meu marido retívoo o traballo, pero eu estiven alí, ardendo de alegría anticipada e interese. A impresión foi impoñente. Traballaron os mellores actores. Else Lehman interpretaba a muller do tecedor do último acto. Pola tarde houbo un concorrido encontro festivo, no que Hauptmann, como mentor dos mozos, foi alzado sobre  o  pavés. Esta representación marcou un fito no meu traballo. Abandonei a serie, xa iniciada, sobre Germinal e púxenme con Os tecedores.

The Carmagnole (Dance Around the Guillotine), 1901

The Carmagnole (Danza ao redor da guillotina), 1901

O levantamento (1899) e Danza ao redor da guillotina (1901) consagrárona ante o público.

Kollwitz whetting-the-scythe Bein Delgen, 1905

Afiando a gadaña, 1905

Pero a verdadeira causa pola que comecei a elixir, case exclusivamente, a vida dos traballadores como representación foi que os motivos escollidos nesa esfera dábanme de forma sinxela e sen condicións aquilo que a min me parecía belo. Belo era para min o cargador de Könisberg, belos eran os Jimkies polacos sobre os seus Witinen, bela era a xenerosidade de movementos entre o pobo. As persoas de vida burguesa carecían para min de atractivo algún.

arbeitslosigkeit Arbeitslosigkeit (Unemployment)

Desemprego (Arbeitslosigkeit)

Só moito despois, cando, especialmente a través do meu home, souben da gravedade e das traxedias da vida proletaria, cando coñecín mulleres que se dirixían a el en busca de apoio, e tamén a min, atrapoume o destino do proletariado, con toda a súa forza e todos os seus efectos secundarios.

Die Pflüger, 1906

Die Pflüger (O arador), 1906

   Problemas  sen resolver, como prostitución e desemprego, atormentábanme e desasosegábanme e formaron parte das causas de que elixise representar unicamente o pobo baixo. E esta sempre repetida representación abríame un escape ou unha perspectiva para soportar a vida.

ende-1898

Ende, Final (1898) 

De cando en cando, os meus pais dicíanme: “Tamén hai cousas alegres na vida. Por que mostras só a cara sombría?” Non sabía que responder. Simplemente, non me atraía. Unicamente quero volver a insistir, que, nun principio, a compaixón e a igualdade de sentimentos arrastráronme en moi escasa medida á representación da vida proletaria. Sinxelamente, parecíame bela. Como Zola ou alguén dixo unha vez: “Le beau c’est le laid”.

A herdanza da Gran Guerra

A herdanza da Gran Guerra

   Co triunfo do nazismo nas eleccións en Alemaña, en 1933, Kollwitz foi obrigada a renunciar á súa posición académica: asinara o documento Dringenden Appell (Chamada de atención), que alertaba do perigo da ascensión de Adolf Hitler e fora subscrito, entre outros, por Albert Einstein.

aufruhr-1899

Aufruhr (Tumulto), 1899

A obra de Kollwitz foi retirada dos museos e prohibiuse toda exhibición. A pesar diso, os nazis usaron a súa escultura  Nai  e fillo como imaxe propagandística.

KOLL_Pietà

A Pietà (1937-1939)

Na súa última serie, A morte (1933), aprécianse máis claramente as formas expresionistas.

   En 1936 a Gestapo arrestouna a ela e o seu esposo coa intención de envialos a un campo de concentración. Ambos decidiron suicidarse pero, debido á fama dela, permitíuselles abandonar Berlín. El morreu en 1940. A súa casa berlinesa foi arrasada e perdéronse valiosísimos debuxos e documentos.

Muller con neno morto, Fraubmit totem Kind, 1903

Nai con fillo morto (Frau mit totem Kind), 1903

    Kollwitz refuxiouse como hóspede do Príncipe Ernesto Enrique de Saxonia no Castelo de Moritzburg e morreu uns días antes do final da Segunda Guerra Mundial.

K.Kollwitz, Die Gefangenen

Os prisioneiros (Die Gefangenen), 1908

Os textos da artista están tomados do ensaio de Marián L. F. Cao:                                           Käthe Kollwitz (1867-1945):Unknown

Le beau c’est le laid“.

A frase parece que se remonta en realidade  a William Shakespeare, en Macbeth: Le laid est beau et le beau est laid”

Le laid est beau

Gravado satírico de Benjamin Roubaud (1811-1847)

La grande chevauchée de la postérité, par Benjamin Roubaud. Monté sur le Pégase romantique, Hugo, « roi des Hugolâtres, armé de sa bonne lame de Tolède et portant la bannière de Notre-Dame de Paris », emmène en croupe Théophile Gautier, Cassagnac, Francis Wey et Paul Fouché. Eugène Sue fait effort pour se hisser à leur niveau et A. Dumas presse le pas, tandis que Lamartine, dans les nuages, se « livre à ses méditations politiques, poétiques et religieuses. » Gravure satirique de Benjamin Roubaud

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s