Relatos detectivescos

Inés Bará de la Fuente e Mikel Barbadillo Maquieira escribiron e ilustraron este relato de detectives. A ilustración é de Mikel.

Os casos non son para novatos

   Un día coma outro calquera de setembro, o meu xefe Luke mandoume investigar un caso moi estraño…   Pero mellor comezo polo principio desta historia antes de contarvos o sucedido.

   Eu chámome Sarah e formo parte do Corpo Nacional de Detectives dende o ano 2009. Ata agora estou namorada do meu traballo. De pequeniña encantábame xogar aos detectives e investigar. Lévome moi ben cos meus compañeiros de traballo, que, sempre que o necesito, me botan unha man.

   Despois desta breve presentación, vou contarvos o caso que pasou hai uns meses, concretamente a comezos de xaneiro. Fun á tenda de mascotas, situada no porto da cidade, adoptar un pastor alemán para que me axudase nos casos. Ao chegar á tenda, que era un pouco cutre, fixeime na vendedora e no seu misterioso loro.

   Cando xa tiña o can, chameille Max. Ía ser o meu fiel compañeiro de investigacións. Mais había algo nese sitio que non me cadraba do todo. Mentres ía cara o coche con Max, escoitei murmurar á vendedora:

   -Xa se marchou, podedes vir -dixo a vendedora.

   -Vale, traémosche agora a mercancía -dixo o primeiro estraño.

   -Coidado con esa muller, que é detective -dixo o outro estraño.

   Ao día seguinte, no meu traballo, comentei o transcurrido onte:

   -Coñezo a eses tipos, son dos máis buscados polo FBI -dixo Luke.

   -Pois xa teño un novo caso que investigar! -dixen eu.

   Pola tarde fun investigar á tenda e só atopei unha nota:

Inés e Mikel

    Seguía indo esa tenda a mercar comida para Max, pero, un día, fíxenlle unhas preguntas á vendedora e descubrín que sempre se reunía con dous homes. Así que fun á hora na que adoitaba quedar e… bum! Cacheinos coas mans na masa. Estaban descargando os xalapeños.

   Acto seguido chamei a policía pero descubríronme. Correron desesperados coas caixas e o loro ata que quedaron atrapados nunha rúa sen saída. A policía veu e leváronos á comisaría.

   O día do xuízo confesaron e así souben todo. Resultou que alimentaban os loros cos xalapeños porque as plumas tiñan un valor incalculable.

   Só podían ter as aves en cautividade xa que estaban ao borde da extinción.

Non sei por que, mais creo que aínda hai caixas e loros escondidos esperando a que alguén os atope.

Inés Bará de la Fuente e Mikel Barbadillo Maquieira (1º ESO A)

………………………

Cristina Crespo López e Martín Castro Malvar de 1º ESO A  escribiron e ilustraron este relato de misterio e amor. A ilustración é de Cristina.

img064

O CASO DO AMOR

   Ela estudara na universidade e xa tiña un título de Ciencias políticas e outro de Psicoloxía. Gustábanlle moito os misterios, e aínda máis, resolvelos… Non aparecían moitos, pero un día, nun dos seus casos, tivo que traballar con outro detective… Ela non quería,  mais prometérallo ao xefe de policía.

   Para coñecerse, os dous colaboradores foron tomar algo á cafetería. Nada máis ver o seu compañeiro, ela pensou que non lle sería de moita axuda.

   Despois de tomar o café, foron dereitos a comisaría, pois tiñan un caso: o do ladrón dun colar de diamantes. Ao chegar o almirante (o xefe de todos os xefes), deulle uns cantos datos sobre o caso. Era moi estraño porque na portada da caderno puña especificamente.

“Caso dos diamantes Araila Pazos”

      Acaso querían que se encargara especialmente ela?  Non o sabía moi ben, pero ela seguiu.

Tras unhas cantas pistas (de moita axuda), decidiu tomar un descanso dese compañeiro novo que tiña. Mentres a detective daba un grolo ao seu ardente café, sentouse ao seu lado Daniel (o seu compañeiro), quen, con moita timidez, lle soltou uns cantos piropos…

   Pasaron os días. Tras aturalo durante un  tempo que lle pareceu moi longo, el fixo algo que Araila non esperaba para nada. Un día, regaloulle un colar. Non fermoso, senón fermosísimo.

   -Bos días- dixo, angustiado.

-Bos días- contestoulle ela, case atragoándose co café.

-Toma, regálocho, pero se consegues descubrir esta mensaxe.  Só quero que saibas que te quero.

img063

Araila estivo toda a noite investigando e, pasadas unhas horas, conseguiu averigualo:

   O colar é do museo, roubeino para ti.   QUÉROTE.

   Agora que se daba conta, a verdade era que o retrato do ladrón era moi parecido a Daniel. Non sabía que facer, polo que chamou o almirante, o xefe de policía e o museo para que o meteran no cárcere despois “un xuízo curto e xusto”, como soía dicir a súa avoa.

Pasaron dous anos. Araila xa tiña marido e un fillo dun ano. Un día, recibiu unha carta procedente do cárcere, que dicía:     

Sigo queréndote”   Daniel Musbert.

    FIN

    …

   Outras dúas alumnas de 1º ESO A escribiron estoutro relato detectivesco: Lucía Borrajo Parente e Erea Beloso Alonso. A ilustración é de Erea, que promete como ilustradora. A solución ao enigma tédela embaixo: buscádea!

O pequeno Esqueladrón

o-pequeno-esqueladron-erea-beloso-alonso-1o-a

   En fin, sempre estiven nunha familia experta en roubos e a min prohibíanme participar neles.
   -Papá -dixo el, o chamado “ESQUELETIÑO”.
   -Dime, fillo.
   -Por que non me deixades estar nas misións?
   -Fillo, cando sexas maior xa poderás colaborar. Agora, sendo pequeno, non estás preparado.
   -Xa veredes como son responsable para estar convosco, axudándovos. Conseguirei que vos sintades orgullosos de min.

   Un día decidiu ir a unha xoiería e pillar algo pola noite. Así demostraría do que estaba feito. Cando chegou, sacou os seus aparellos de abrir portas…

   Entrou na tenda e colleu varios obxectos: un reloxo de ouro, un colar de diamantes, e máis cousas.
   Decidiu mandarlles unha mensaxe aos pais.
   -Que orgullosos se sentirán de min! -pensou.
   A mensaxe dicía: img065

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s