Relatos de invasións

   O noso alumnado de 4º de Educación Secundaria de Adultos fixeron uns relatos sobre invasións.

 I N V A S I Ó N      I N M I N E N T E

DÍA 3 DE MARZO

Son as 18:30. É a hora do recreo, baixamos a rúa, todo está deserto. Hai unha persoa morta tirada no chan. Non entendemos que pode estar pasando. Máis arriba vemos como homes, mulleres e nenos foxen sen mirar atrás. Incrédulos, preguntámoslle a unha señora que corría asustada que pasaba para que todos estivesen daquela maneira.

A súa única resposta foi: “Queren matarnos, veñen a por nós!”
Pouco despois ollamos como unha especie de gardas disparan sen piedade a inofensivos civís. Non comprendiamos nada pero nós non iamos a ser os heroes quequedasen alí contra aqueles gardas tolos. Así que fuximos tamén.

UFO

Big collection of UFO crafts and Space Stations silhouette on black nigh background. Vector EPS8

DÍA 4 DE MARZO

Refuxiámonos nun centro comercial. Non sabemos que pode estar pasando fora, pero seguimos oíndo disparos e aquí ninguén pode presumir de valentía.

DÍA 7 DE MARZO
Non teño moito tempo. Todos os meus foron perdéndose por diferentes motivos, síntome sen forzas. Onte morreu o último dos compañeiros. Quédame unha bala.

        Alejandro  Lorenzo Varela

I N V A S I Ó N       E X T R A T E R R E S T R E

    Eu estaba no instituto. Escoitei un ruído enorme, coma se fose unha explosión que viña do teito do instituto. Todos marcharon, aterrorizados, pero a min picoume a curiosidade e decido subir as escaleiras para ver o que sucedera. Con medo, porque non sabía realmente o que pasara. Cheiraba a queimado e bastante mal.
    Collín o extintor, que xa estaba no chan debido ao forte golpe, e, pensando como facer, durante uns segundos, abrín a porta como puiden.mars_attacks_poster_by_lostonwallace-d59lqtf
    Non cría o que vía : unha diminuta nave espacial, coma un coche que nas películas parecen maiores .
    Estaba o aire cheo de fume e case non podía ver nada. Cando o fume se espallou puiden ver alí un pequeno corpo atrapado debaixo da “pequena” nave. Era diminuto coma un can pequeno, e de cor verde. Estaba atrapado por unha perna debaixo do escombro. Ao primeiro tiña algo de medo, pero despois, vin que estaba indefenso. Collín a pedra que estaba enriba del e fuxiu rapidamente cara á nave.

                   Kevin Barros García

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s