Día das Letras Galegas

Rosalía

Fotografía que retrata a Rosalía de Castro, segundo Ramón Torrado

   A celebración da primeira edición de Cantares gallegos, o primeiro libro escrito integramente en galego, de Rosalía de Castro celébrase hoxe coa figura do poeta lucense Manuel María.

Cantares gallegos

   O poemario publicouse en 1863, tal día coma hoxe, na imprenta de Juan Compañel Rivas (Santiago de Compostela, 1829- La Catalina, Cuba, 1897), en Vigo.

   Rosalía de Castro mandou, no leito de morte, que queimasen os escritos que dela quedaban inéditos. Manuel Murguía, o seu home, ao saber que os fillos obedeceran a orde da nai, exclamou: ¡Habéis quemado la gloria de ella y la fortuna vuestra!

  Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei (Lugo) en 1929. Foi un autor polifacético: cultivou o ensaio, o teatro, a poesía e a narrativa. Da súa produción literaria destaca o poemario Terra cha (1954).  Outras obras son Mar maior (1963), Auto do maio esmaiolado (1982) e A primavera de Venus (1993).

Rosalía de Castro

Retrato de Rosalía de Castro (1837-1885) por María Cardarelly, circa 1863.

A Rosalía

¿Que fas aí, en noite eterna, entre as estrelas coa túa negra sombra acesa en tebra…? E esa voz de campana, sen son e sen badal, aboiando no vento, entre a vida e a morte: ¿chamará aos que emigran, aos que choran, aos que están sen lecer e sen fogar…? ¿Que ollan os teus ollos cheos de tristeza, queimados polas bágoas, ardidos pola dor…? Doce Rosalía, miña amiga, camelia desfollada, con voz de terra e pureza de anxo,
a chorar a túa morte, camiñando na sombra onde a túa canción non puido ser ledo asubío (…)

Mar Maior (1963)

Manuel María

Retrato de Manuel María.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s