Patricia Garcia Rojo

    Patricia García Rojo ten un grande poder cautivador e así o demostraba o venres 15 de abril ao lograr captar a atención de tódolos alumnos de 3º de ESO, que contemplaban con fascinación como a escritora se desenvolvía mediante a palabra explicando anécdotas relacionadas coa creación do libro O mar, que resultaron ser do máis interesante para a maior parte dos seus ouvintes, entre os que eu me atopaba.

patricia garcía rojo

A autora, Patricia García Rojo

   Contounos con moita emoción e afán o seu encontro coa raíña e o que sentiu, e como foi para ela recibir un premio de tal magnitude como o “Gran Angular”.

Miyakazi

O director Hayao Miyakazi, rodeado dalgunhas das súas creacións.

   Tamén nos deixou coñecer un pouco máis dela amosándonos os seus gustos, entre os que se encontraba A xoven das laranxas, da que afirmaba que era a súa novela preferida, e a película de anime A viaxe de Chihiro, do director xaponés Miyakazi.

La joven de...

   Ademais vímonos animados por ela a escribir e a participar en tódolos concursos literarios porque así foi como empezou, tamén animada por un mestre.

   Contestou con moito gusto ás nosas preguntas, para as cales sempre tiña unha resposta animada e que non parecía ter fin.

   Grazas pola túa visita e polas túas dedicatorias, tan persoais, que nos engaiolaron.

Julia Barros Cortegoso

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s