Un cómic sobre Fukushima: ICHI EFU (1)

   Do xaponés Kazuto Tatsuta (autor do texto e os debuxos), que traballou nas zonas afectadas polo terremoto e posterior tsunami que provocaron o desastre nuclear, é este cómic publicado en Xapón no ano 2014:   ICHI EFU (1). Crónica de trabajo de la central nuclear Fukushima.

54715060

 

   Despois de traballar nos labores de descontaminación noutras prefecturas próximas, como Miyagi e Iwate, acabou traballando en Fukushima I, onde estivo medio ano, ata que alcanzou a dose máxima de radiación establecida pola súa empresa.

INT013008201IchiEfu_5

   O relato, minucioso e en ocasións repetitivo, é non obstante interesantísimo polas precisións acerca do réxime de subcontratas con que se organizan os traballos de limpeza, á dureza dos labores, ao sistema de pago aos traballadores, os equipamentos para protexer os homes da radiación… Coñecemos moitos detalles curiosos sobre o comportamento dos seres humanos: rapacidade dos contratantes, o emprego de WC secos ou o costume de gastar rapidamente en apostas o salario.

INT013008201IchiEfu_2

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s