Charla de Víctor Rivas

escarlatina-cociñeira-defunta-ledicia-costas

   O día 6 de maio,  o Departamento de Galego organizou a charla do ilustrador Víctor Rivas.

victor_rivas_selfie

  Víctor Rivas naceu en Pontevedra en 1965. Estudou Maxisterio en Vigo. Ilustrou, entre outros moitos libros, Dúas bágoas por máquina, de Fina Casalderrey, Vólverás, golfiño, de Andrea Maceiras e As Crónicas de Gaidil, o primeiro xogo de rol publicado en lingua galega. Colaborou coa revista Golfiño.
Con Carlos Portela, guionista de cómic, fixo traballos para revistas e diarios. Levaron una gran sorpresa cando os chamaron de El País para publicar a serie Guinsy no suplemento El País de las Tentaciones.
Finalmente, con Ledicia Costas, publicou Escarlatina, a cociñeira defunta (que foi Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil no 2015) e a segunda parte: Esmeraldina, a pequena defunta. Este libro ten moito éxito entre a rapazada, e boa parte deste éxito está nas ilustracións, simpatiquísimas e moi traballadas. Hai que miralas con lupa, que teñen sorpresas para o observador atento!

escarlatina

A simpática Escarlatina cociñando especialidades para os defuntos.

 Víctor Rivas, na súa intervención, declarouse fan do cómic denominado de liña clara (herdeiro da tradición belga: Hergé e o aquí descoñecido Franquin) e recomendou un ilustrador (Guarnido) e dous cómics: Gringos locos e La guerra de las trincheras (de Tardi).

9788467914252

Este cómic témolo na biblioteca do noso centro, e os debuxos de Guarnido (Granada, 1967) son espectaculares.

Portada_GringosLocos

Guión de Yann (Marsella, 1954) e debuxos de Olivier Schwartz (Nogent-sur-Marne, 1963).

Tardi

Extraordinario cómic, xa un clásico, da serie antibelicista do autor francés, nacido en Valence en 1946.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s