Manuel María: Día das Letras Galegas

  Manuel María Fernández Teixeiro naceu en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e morreu na Coruña o 8 de setembro de 2004. Poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacou polo seu carácter combativo e polo seu compromiso político.

Alvarez de Sotomayor (1975-1960) Camiño á feira

Fernando Álvarez de Sotomayor (1875-1960), pintor ferrolán: Camiño á feira

O gando da Terra Chá é moi fermoso:

ollos grandes, corna levantada:

o pelo teixo, fino, moi lustroso

e o paso lento cando fai a arada.

En todo o país non o hai mellor:

é manso, leiteiro e comedor.

¡A San Antón heino de ofrecer

pra que o conserve sempre de bon!

O tesouro (Asorey)

Francisco Asorey (1889-1961), escultor nacido en Cambados: O tesouro

A xata
¡Como a casta se conoce!
Filla de vaca Marela.
¡O que come ben mo loce!
¡Non hai becerra como ela!
¡E que pelo está botando!
¡Esta xata non ten venda!
¡Mentres a vou criando
que San Antón ma defenda!

Ovidio_Murguia_de_Castro_Guadarrama_1898

Ovidio Murguía de Castro (1871-1900), fillo de Rosalía de Castro e Manuel Murguía. Óleo do ano 1898.

Inverno
Están os campos nevados,
a xente xunto as lareiras,
os gandos encortellados
e os capós nas capoeiras.
As bandadas de aves frías
a berrar polos nabales.
¡Son moi pequenos os días
e grandes os temporales!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s