Poemas dos nosos alumnos de Bacharelado Adultos

image001
A miña fala nativa é o castelán pero
dende que cheguei a Galicia
as miñas palabras todas son en galego,
son galego falante de corazón.
Encántame Galicia,
as paisaxes son a miña devoción.
Viva Galicia, viva o galego!

Dayana Leites Iglesias
image002


Dende pequeno falaba castelán
cos meus avós, e tamén galego.
Mais eles dician que pouco o empregaba.
Todolos días con eles
dende a mañán,
a todas horas, ata o serán.
Cando con eles non estaba
e castelán falaba,deles me lembraba
que sempre meu avó me rifaba
por non ser con todos galego falante.

Adolfo Rodiño Alfonsín

 

image003
Cando era pequena, cos avós ría
escoitando falar galego.
Tamén aprendía
na aldea co meu avó, eu tamén xogaba
Pero se non falabas galego, coa bimbia che daba
Cantaba no coro, cantaba cantigas
repetindo sempre “A saia da carolina”
vivan os galegos, a nosa bonita vila
nesta bonita terra,nesta bonita Galicia.

Lucía Martínez García

 

image004

Fotografía de José Suarez, 1935

Eu falo o galego
porque sae da miña alma
Eu falo o galego e na miña fala
ninguén manda.

Ariadna Torres Martínez

 

 

 

image005

Fotografía de Ruth Matilda Anderson

Sempre falei castelán,
pero ás veces falo galego.
Sobre todo,
coa miña avoa.
Sempre me conta moitas historias,
Sobre todo,
de cando ela era xoven,
vivencias, amores e desamores.
Grazas a ela non esquezo
algunhas cousas
Sobre todo,
a tortilla
de patacas..
Cando era máis pequena
pasabamos horas
xogando.
ás cociniñas, ao escondite…
Sempre recordarei eses momentos,
que marcaron a miña vida,
así como o galego.

Silvia Cerqueira Sobral

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s