Día do Libro no noso Centro

 

 Para empezar, o mestre Xullo Hermida (2º Bach. Artes) deleitóunos ao piano cunha canción de Billy Joel. Proxectamos o Power Point que podedes ver e, ao acabar, as presentadoras tomaron o mando para a entrega de premios en todas as categorías. Todos tiveron premio, ben un pendrive, libros, un vale para unha librería…

Unha nova  interpretación do pianista e cantante Xulio  case provoca o delirio entre as súas admiradoras/es.

Para rematar puxemos o video “Mulleres Galegas” que elaboraron os mozos do club de lectura e que está colgado neste blog. Tamén foi moi aplaudido.

Ao saír, todos os asistentes recolleron un caravel e un caramelo (cortesía deste agonizante Equipo de Biblioteca),  repartido polo voluntarioso equipo de axudantes de 1º da ESO. Como o que parte e reparte lévase a mellor parte, eles leváronse máis dun caravel –bastantes máis- e en canto a caramelos, non quixen mirar.

Para finalizar, e durante o resto da xornada escolar, proxectamos unha auténtica xoia de película :  “Matar a un ruiseñor”, de Robert Mulligan.

 

Advertisements

One thought on “Día do Libro no noso Centro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s