Club de Lectura: nos visitan os lectores de A Estrada

This slideshow requires JavaScript.

ACTIVIDADE CLUB DE LECTURA

  O   27 de febreiro  organizouse  un encontro entre o alumnado do noso club de lectura Bradomín e o do  IES Antón Losada Diéguez de A Estrada.

A experiencia comezou a primeira hora da mañá no teatro Principal de Pontevedra onde  o alumnado dos dous centros asistiu á representación da obra El Burlador de Sevilla de Tirso de Molina. Despois da representación  dirixímonos  ao  centro para coñecer a biblioteca e participar todos xuntos en varias actividades.

Primeiramente  presentouse o vídeo titulado “Mulleres Galegas” elaborado con textos redactados polo noso club de lectura e a continuación pasamos un bo rato  lendo  os poemas escritos por mulleres que seleccionaron os “Retelladores do Galiñeiro” de A Estrada  para compartir todos xuntos. A actividade  non consistía só en ler senón que a continuación  había que elexir os poemas favoritos   e  copialos en folios de cores como se fosen anuncios. Parte destes “anuncios” quedaron no noso centro para ser colocados no taboleiro da biblioteca e outra parte deles  leváronse para  a biblioteca do Antón Losada.

Foi a primeira experiencia colaborativa entre os dous clubes de lectura e resultou todo un éxito  segundo a opinión do alumnado e profesorado participante.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s