Torneo de Xadrez Sub 18 “Biblioteca F. Martín Sarmiento”

This slideshow requires JavaScript.

O xoves 7 rematou con gran éxito o torneo de ajedrez  organizado pola nosa biblioteca.  Os 14 participantes iniciais eran todos de 1º e 2º ISO e trala 1º rolda eliminatoria quedaban 6 que se enfrontaron en segunda rolda con estes resultados:

Iria Martínez  1

Rafa Barcia    0

Raúl Costa     0

Diego Antón  1

Pablo Pérez       1

Antón Romaní  0

Chegaron á final Diego Antón (2º ESO A)   e Pablo Pérez  (2º ESO C). A partida foi trepidante e de bo nivel. Tras cambiar damas, Pablo Pérez xogou unha marabillosa primeira parte atacando o enroque contrario coas súas torres e cabalo. Por fin conseguiu unha dama de vantaxe. Cando todo parecía decidido, Diego atopou un xaque dobre de cabalo co que recuperou a dama. Pablo, afectado por este erro,  precipitouse e deixou que Diego coroase unha dama. A partida estaba decidida a favor de Diego.

A final, xogada con deportividad,  foi seguida con atención por numerosos afeccionados.

En resumo, os GAÑADORES do Torneo foron:

1º. Diego Antón. Un xogador moi sólido e moi astuto. Comete poucos fallos e ten instinto para ver a xogada matadora.

Pablo Pérez. Xoga moi ben. Ten futuro. Estivo a piques de gañar.

3º. Iria Martínez. A única chico participante e a revelación do torneo. Xoga mellor con negras que levando a iniciativa coas brancas. O seu xogo é lóxico e bastante sólido.

Enhorabuena aos tres. Todos os participantes recibiron un obsequio e  a estes tres primeiros daráselles o premio no Día do Libro

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s