Premios Irmandade dos libros 2013

XXII PREMIOS IRMANDADE DO LIBRO

 

Modalidade de Centros do Ensino

Bases.

Nesta modalidade premiaranse as actividades relacionadas co fomento da literatura e da lectura en xeral e da galega en particular.

Poderán participar todos os centros de ensino públicos e privados de Galicia, presentando na Federación de Libreiros de Galicia (Rúa República de El Salvador, 28 entrechán B. 15701 Santiago de Compostela) unha memoria detallada do traballo realizado no centro durante o ano 2012.  Nesta memoria, deberá figurar o enderezo, teléfono, fax e correo electrónico, se houber.

            Os traballos deberán presentarse na Federación de Libreiros de Galicia debidamente identificados, para o seu rexistro e certificación da data de entrada.  No caso de envialos por axencia ou por correo, deberán certificalos para poder acreditar a data de entrega no seu destino.

            A data límite para a recepción dos traballos nos locais da Federación de Libreiros de Galicia, será a do 13 de marzo do 2013, ás 14.00 horas.

            O gañador, recibirá unha figura alegórica de bronce, deseño exclusivo para os Premios Irmandade do Libro do artista lucense Ismael López Fernández, realizada nos talleres Artebronce, de Goián, diploma e un lote de libros, por importe de 2.000 para a biblioteca do centro gañador.

            A entrega dos premios, terá lugar nun acto que se celebrará en Monforte de Lemos  o 20 de abril de 2013.

Os traballos presentados serán devoltos pola organización.                          

O xurado estará formado polas seguintes persoas: O presidente da Federación de Libreiros de Galicia, que presidirá o xurado, con voto de calidade. Un escritor ou escritora en língua galega. Un profesor ou profesora de língua e literatura galega. Un representante da Xunta de Galicia. Un bibliotecario ou bibliotecaria. Un libreiro ou libreira, pertencente á Federación de Libreiros de Galicia.  Actuará como secretario, con voz e voto, o secretario da Federación de Libreiros de Galicia.

            A participación no certame, implica a plena aceptación das bases.

 

 

Santiago de Compostela, xaneiro de 2013

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s