Libro de la semana: HEXHALL. CONDENA (Rachel Hawkins) Ed. Planeta

A Sophie poderíaselle considerer a bruxa máis patosa que existe, polo menos en todo Norteamérica, e por iso supón un perigo para a sociedade Prodigium (bruxas, hadas e metamorfos) xa que coa súa imprudencia pon as súas desastrosos feitizos á vista de todos os mortais.

Cando na festa de graduación do seu instituto un conxuro de amor sae terriblemente mal, o seu pai decide enviala a Hécate Hall, un reformatorio para pícaros Prodigium que non son capaces de manter en segredo o seu procedencia máxica.

Sophie, que nunca convivira con outros como elas, vese de súpeto enredada  en sucesos en grao sumo extravagantes: nada máis chegar,  enemístase  coas tres bruxas máis poderosas do internado. O Prepotente noivo duna delas intenta matala e ela namórase del; ten que compartir habitación coa única vampiro do internado e, aínda por riba, alguén en HécateHall está asasinando ás bruxas e todo apunta á súa compañeira de cuarto…

Amor, acción, moito humor e moita maxia. Hex Hall non che presenta o típico mundo de conto de hadas nin moito menos; neste libro nada é o que parece; cada personaxe ten unha cara oculta ou un terrible segredo e nin sequera a nosa protagonista sálvase.

Rachel Hawkins, a autora deste,  crea un mundo onde che gustaría vivir e un internado onde che gustaría estudar. Mesturou no libro o sobrenatural co amor e unhas grandes doses de humor, formando unha novela xuvenil moi jugosa que pouco ten que ver con Crepúsculo nin con Harry Potter.

(Escrito por Noelia Bouzas Silva, 2º ESO)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s