“A pomba e o degolado” en comic feito por un alumno

LECTURAS CREATIVAS EN 1º DE ESO

 

 

Como di o escritor Mariano H. de Ossorno “ler é precisamente o que se busca mentres se anda”. E andando, andando; lendo e lendo, foi alá a segunda avaliación. Xa falta menos para o final do curso!

Da cousa de ler andan ben os alumnos e alumnas de 1º de ESO. Levan xa uns meses lendo e comentando na aula de Proxecto Interdisciplinar o libro de Fina Casalderrey, A Pomba e o Degolado.

Como remate da lectura todos e todas decidiron facer un pequeno traballo creativo sobre o libro. Uns decidiron facer un resumo xeral, aportando a súa opinión. Outros, apostaron por facer un capítulo extra ao final do libro. Non quedaron conformes co final!

E para mostra mirade como Iván Núñez (1º ESO B) se animou a realizar esta magnífica banda deseñada na que podemos ver aos protagonistas, André e Halima, no futuro. A imaxinación ao poder!

(X. Lois Gutiérrez Faílde, profesor Ciencias Sociais)

 

Advertisements

2 thoughts on ““A pomba e o degolado” en comic feito por un alumno

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s