Na gaiola cos leóns

O premio “León” adxudícase no noso instituto ao alumno que teña lido máis libros durante o ano. No curso 2009/0  ganouno Àngela Lorenzo, que papou 49 libros en dous trimestres. No 2010/1 o gañador foi Demetrio Vázquez (1º de PDC) que leu 59 (sen contar comics).

Hoxe as alumnas Laura Rodríguez Sampayo e Ana Mª Rodríguez Ces   entrevístanos para ver de que materia están feitos estes leóns.

 

Cando comezou o voso interese pola lectura?

Demetrio: Cando tiña uns seis anos, a profe de galego mandounos un libro e gustoume bastante, non recordo o título pero foi o libro que me abriu  a porta da lectura.

Ángela: Foi algo repentino, hai uns cinco ou seis anos, os primeiros foron os libros da saga Crepúsculo.

 

Cal é o teu xénero literario favorito?

Ángela: O misterio pola súa lectura amena e interesante.

Recomendas ós teus compañeiros algún libro que leras da biblioteca?

Demetrio: Recomendaría,”A illa do tesouro” de R.L:  Stevenson, pola emoción, o seu lugar de ambientación e a súa orixinalidade.

 

Ledes libros en galego habitualmente?

Ángela: Si, pero moitos menos que en castelán, en especial  A. Fernández Paz.

Demetrio: Si, Agustín Fernández Paz gústame bastante, case todos os libros que lin del me gustaron.

 

Canto tempo dedicas á lectura?

Ángela: Gústame ler cando teño tempo libre, máis ben tarde.

Demetrio: Unhas dúas horas cada día, preferiblemente á noite.

 

Algunha vez pensaches en escribir o teu propio libro, ou comezaches a facelo?

Ángela: Si, vou escribindo historias de calquera xénero.

 

Cal é o teu autor favorito?

Demetrio:  Julio Verne, H.G. Wells, Arthur Conan Doyle, Stevenson…

Ángela: Albert Espinosa, teño en conta a súa historia persoal á hora de escribir. “El mundo amarillo”(¿)

 

Cal é o xénero que máis che custou ler?

Ángela:  Non teño ningún en concreto, leo todos os estilos sen problemas.

 

E o libro máis interesante que líchedes?

Demetrio: “La ratonera” de Agatha Christie, polo suspense; foi un desenlace moi inesperado. Tamén “Narraciones extraordinarias” de Edgar Allan Poe, o tema tétrico encantoume, especialmente a historia “El pozo y el péndulo”.

Ángela: Jordi Sierra: “Algo de abril, un poco de mayo y todo septiembre”, pola reflexión que fai sobre o tema da SIDA.

 

Ademais da lectura, que outras actividades realizades?

Ángela:  Debuxo artístico

Demetrio: Tae kwondo, ver series como “Big Bang theory”, “Dos hombres y medio”… Quedo cos amigos do ximnasio, escoito música e… estudar tres horas ao día.

 

Gústanche os novos avances tecnolóxicos no mundo da lectura (lectores electrónicos, etc.)?

Ángela: Non demasiado, perdes o formato do libro en papel, non me chama a atención especialmente.

Líchedes algunha saga famosa?

Demetrio: “A saga da néboa”, de Carlos Ruiz Zafón

Ángela: “O señor dos aneis”, a saga “Crepúsculo”…

 

Gústavos máis ver a película dun libro antes de lelo ou ao revés?

Demetrio: Lelo antes de ver a película, para ver os cambios que fai o director no argumento e na posta en escena.

Ángela: Lelo e despois ver a película, por exemplo “Crepúsculo” (que en película é decepcionante).

 

Que temas son máis interesantes para ti?

Demetrio: Relatos policiais e fantásticos. Os escritores clásicos son os meus favoritos.

 

Tendes algún consello para aqueles que non son moi afeccionados á lectura?

Demetrio: Ao ler esqueces os problemas e sentes a emoción das aventuras e a sensación de vivir toda a historia de primeira man.

Ángela: Creas unha relación, un vínculo cos personaxes e iso axúda a evadirte do resto do mundo.

 

 

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s