VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA de PONTEVEDRA

Os tres  cursos de primeiro da ESO fixeron visitas guiadas á Biblioteca Pública. A continuación  Ana Lozano, alumna de 1º ESO B,  cóntanos como foi a experiencia:

O xoves día 2 de Febreiro acudimos a unha visita á Biblioteca Pública de Pontevedra. Tras o paseo chegamos, subimos as escaleiras e atopamos o mundo da lectura.

Recibiunos unha monitora que nos repartiu uns medallóns de distintos cores a cada un de nós. Mandounos poñer o noso nome nel. Posteriormente con esa identificación formáronse os equipos para participar no xogo do trivial.

Explicounos que alí podíamos facer os deberes, estudar e, se tivésemos o carnet de socios da biblioteca, poderíamos levar: libros (anque non todos), xogos para o ordenador ou para as videoconsolas, CD, DVD, comics…

Tamén nos informaron de que alí se poden ler as revistas infantís máis coñecidas, consultar dicionarios, enciclopedias… e, co permiso dos teus pais, podes usar o ordenador e entrar na Internet.

Foinos indicando como debíamos proceder para encontrar un libro determinado; curiosamente, estaban catalogados do mesmo xeito ca na biblioteca do noso centro, está ben que se unifiquen formas de traballar para beneficio dos usuarios.

Seguidamente pasamos ó xogo, organizados en 5 equipos.

No cxogo (unha especie de Trivial Pursuit por equipos), as preguntas trataban sobre animais, inventores, corpo humano, deportes, etc.

Cada equipo tiña un minuto para buscar a resposta. O xogo estaba feito para que nós buscáramos información nos libros de consulta.

Por cada pregunta acertada, de premio daban un queixiño de madeira, e o equipo que tivese máis queixiños era o gañador. Había bastantes diferenzas entre os resultados dos equipos.

Foi unha saída interesante. Á xente apeteceulle facerse do “club” cando viron que había videoxogos, Internet e películas.

Advertisements

One thought on “VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA de PONTEVEDRA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s