Normas de conducta e comportamento

       NORMAS DE BIBLIOTECA 

 

NORMAS

  • A biblioteca é un lugar de estudio ou lectura polo que é fundamental que haixa SILENCIO. O silencio é necesario para poderse concentrarse en traballos académicos, na lectura ou no estudo.
  • O profesor encargado da biblioteca ten toda a autoridade para impoñer as condicions de silencio así como as demáis normas de comportamento.
  • Queda terminantemente prohibido comer,beber ou ter o móbil conectado
  • A Biblioteca é un espazo de asistencia voluntaria. En ningún caso é un sitio onde enviar aos alumnos castigados nin a grupos cuio profesor falte.

 

  • Os alumnos deberán anotarse na folla correspondente para utilizar os ordenadores, xogos ou calqueira elemento audiovisual.
  • Se un profesor leva un curso ou grupos numerosos para utilizar os fondos ou recursos, deberá encargarse de que mantengan o silencio necesario para non molestar aos outros usuarios.

HORARIO

 

  • O horario de apertura estará exposto no exterior, nas sás de profesores e nos tabuleiros de anuncios.
  • O profesor encargado non deberá deixar a biblioteca desatendida.
  • Se o profesor encargado falta, a biblioteca permanecerá pechada.

LIBROS DE CONSULTA

Teñen unha pegatina branca redonda e non se prestan. Cando se leven á clase ou a fotocopiar, o profesor de garda cubrirá a folla de PRÉSTAMOS DO DÍA, non esquecendo anotar a hora de devolución.

PRÉSTAMO DE LIBROS

  • O préstamo dos libros é de 15 días prorrogables por 7 máis, excepto antes das vacacións; nese caso poderá levarse durante todo o período vacacional. Faise “préstamo de verán” excepto aos alumnos no último ano dos seus estudios.
  • A prórroga será de 15 días para os alumnos pertencentes ao Club de Lectura e aos do Equipo de Apoio.
  • Os DVDs  prestaránse por 7 días e non poderán ser renovados.
  • O alumno non poderá levar máis de 3 libros/DVDs.
  • O alumno que se retrase no prazo de devolución perderá o dereito ao préstamo durante:

1. Tantos días como se retraso una devolución, se é a primerira vez.

2. O doble deses días, se é a segunda vez.

3. O triple deses días, se é a terceira vez.

4. A retirada do dereito ao préstamo poderá ser por todo o curso se o Bibliotecario estima que as circunstancias son mui graves.

  • Para buscar un libro utilizaráse  o catálogo de fondos dos ordenadores.  Para localizalo hai unha Guía da Biblioteca a disposición dos alumnos na que se explica cómo facelo.
  • O profesor de garda anotará  no programa informático de xestión os datos do alumno e do libro prestado. Cando o devolvan, o profesor anotará a data de devolución e encargaráse de colocalo no seu sitio para evitar o constante desorden dos libros.
  • Libros non devoltos : Serán reclamados e o alumno perderá o dereito temporal ó préstamo de libros. Os libros extraviados deberán ser reemplazados por outro igual. En caso de que sexa imposible reemplazalo, deberá abonar a cantidade correspondente ó seu prezo. Se o alumno se nega a calqueira destas opcións, o Encargado da biblioteca, tendo en conta o valor do libro,
  1. suspenderáo de préstamo por todo o curso , ou
  2. pasará informe a Xefatura de Estudios, coa calificación de “Sustracción de material escolar”.
  • Libros deteriorados: Se o deterioro é pouco importante, consideraráse unha falta leve e daráse notificación ao Tutor do alumno ou ao Xefe de Estudos. Se o deterioro é grave, o alumno deberá reemplazalo. En caso de que sexa imposible reemplazalo, deberá abonar a cantidade correspondente ó seu prezo.

USO DO ORDENADOR

O uso de Internet está pensado para completar e mellorar a formación do alumnado. Por tanto o profesor encargado procurará, na medida do posible, que non se utilice para acceso a páxinas de contidos inadecuados (violencia, etc.), para xogos, para chatear ou redes sociais (Tuenti, etc.).

  • Para usar os ordenadores hay que anotarse na folla que lles dará o profesor encargado.
  •  Aqueles membros da comunidade educativa que queran usalos para fines didácticos, traballos, formación ou investigación terán preferencia de uso sobre os que os utilizan para outros fines.
  • O tempo máximo será de 25 minutos. Se non hai demanda, a xuicio do profesor encargado, poderá ampliarse ata 50 minutos,
  • Só se permitirá un alumno por ordenador (ou dous se é para facer traballos escolares).

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s