Concursos literarios para xóvenes

 

 

GALICIA

I CERTAME DE BANDA DESEÑADA ?/AXI/?

O IES Arcebispo Xelmírez e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan o primeiro certame de banda deseñada /?AXI?/, no que participan os departamentos de debuxo, artes plásticas e imaxe, ademais do equipo de dinamización da lingua galega e a biblioteca do centro.

A través deste concurso, aberto á participación de estudantes de ensinanza secundaria de toda a comunidade autónoma galega, procuramos o fomento do noso idioma e da creatividade entre o alumnado galego a través da banda deseñada.

As BASES que rexerán o concurso son as seguintes:

1. PARTICIPACIóN

Poderá participar todo o colectivo de estudantes de ensino medio de Galicia, en dúas categorías diferenzadas por idades:

–        Alumnado de entre 12 e 16 anos.

–        Alumnado de 16 anos en diante.

2. TEMáTICA

O tema será de libre elección.

3. FORMATO

Cada participante presentará un único traballo, en lingua galega, cunha extensión non inferior a dúas páxinas Din-A4. Será decisión dos autores ou das autoras a técnica a empregar e a presenza ou non da cor nas obras.

4. INSCRICIóN

Quen desexe participar deberá inscribirse previamente no certame, entre o luns, 7 de xaneiro e o xoves 25 de febreiro de 2013 ?incluídos ambos- a través dos centros educativos, enviando un correo electrónico ao enderezo c[1]_ertameax1@gmail.com_, no que han de achegar a seguinte información: nome e apelidos, idade, DNI e o nome e enderezo do centro no que estean matriculados.

5. AUTORíA

Poderá ser individual ou colectiva, se ben a concesión dos premios para cada unha das categorías non variará en función dese factor.

6. PRAZO

O prazo de admisión irá desde o día 25 de febreiro ao 20 de abril de 2013, ambos os dous incluídos.

7. PRESENTACIóN DOS TRABALLOS

–   Os traballos enviados por correo electrónico presentaranse en formato PDF, no enderezo c[2]_ertameax1@gmail.com_ , cun peso máximo de arquivo de 10MB.

–        Se o envío fose a través do correo postal, o traballo mandarase nun sobre fechado no que figure o título da obra e o pseudónimo eleixido polo autor ou autora; dentro, noutro sobre tamén pechado, incluiranse os datos persoais indicados anteriormente.

En calquera caso, garantirase o anonimato das obras.

8. XURADO

Estará formado por creadores/as ou artistas, así como por unha representación das entidades covocantes.

O xurado poderá declarar os premios desertos ou  facer nomeamentos específicos se a calidade dos traballos así o esixise.

9. PREMIOS

Ademais de ?editar? na rede os traballos finalistas, establécense os seguintes premios para ambas categorías (alumnado de entre 12 e  16 anos e alumnado de 16 en diante):

1º premio:

–        Un libro electrónico para o participante gañador.

–        Un lote de libros para a biblioteca do centro educativo ao que pertenza.

–        Entradas para o cine, para o gañador e un acompañante (De se tratar dun premio colectivo, as entradas serían para cada un dos participantes do grupo gañador).

2º premio:

–        Un lote de libros para a biblioteca do centro educativo ao que pertenza.

–        Entradas para o cine, para o gañador e un acompañante (De se tratar dun premio colectivo, as entradas serían para cada un dos participantes do grupo gañador).

10. ACEPTACIóN DAS BASES

A concorrencia a este certame implica a aceptación destas bases.

CONCURSO DE CREACIÓN DE BANDA DESEÑADAdo IES Perdouro 

O prazo da presentación dos traballos remata o 14 de marzo do 2013.

Poderán participar neste concurso todas as persoas interesadas, existindo as seguintes categorías:

  •  Libre ou aberta. Poderán participar autores de BD non profesionais que non publicaran nunca obra nin en álbums nin en revistas e que non gañaran en anos anteriores.
  • Categoría escolar para alumnado de 15 ata 18 anos.
  • Categoría escolar para alumnado ata 14 anos.

O tema será libre cos textos en galego. Cada autor/a poderá presentar as obras que considere oportunas, non premiadas noutros concursos.
Os traballos terán que ser orixinais, cunha extensión máxima de catro páxinas, a cores ou en branco e negro. A técnica é libre. Os traballos presentaranse con dimensións DIN A-4.

Calquera información sobre os Vos Encontros de BD na Mariña, atoparédela no blog http://bandadesexada.blogspot.com.es/

VII Certame de Poesía Xosé A. Barral, organizado polo departamento de música e a biblioteca do I.E.S. Plurilingüe As Bizocas. 

1.Destinado ao alumnado que estea cursando

ESO ou Bacharelato no curso 2012/2013.

2.Establécense dúas categorías: ESO e

Bacharelato.

3.Os poemas son de temática libre, sendo

obrigatorio presentalos en lingua galega.

4.Os textos teñen que ser orixinais, inéditos e

non ter sido premiados en ningún outro

concurso.

5.Só se pode presentar un poema por

persoa, cunha extensión mínima de 20

versos e máxima de 25.

6.Xunto co poema figurará o título e un lema

ou pseudónimo, ademais da categoría na que

participa. Nun sobre pechado introduciranse

os datos do/a autor/a : nome, apelidos,

enderezo, nº de teléfono, enderezo

electrónico e nome do centro onde estuda.

7.As obras faranse chegar por correo

ordinario ou entregaranse en sobre pechado,

sen remitente identificador á:

IES Plurilingüe As Bizocas (Biblioteca)

Rúa Balea s/n. CP.36988

San Vicente, O Grove (Pontevedra)

8.A data límite de recepción de orixinais é o

15 de Abril de 2013.

9.O xurado outorgará dous premios de 125 € e

diploma para o poema gañador de cada

categoría.

10.O xurado, cuxo fallo será inapelable, poderá

declarar os premios desertos, concedelos ex

aequo, ou establecer mencións de honra se así

o considerase.

11.A decisión do xurado comunicarase ao

gañador/a e anunciarase a través dos medios

de comunicación e no blog

bibliobizocas.blogspot.com

12.Os poemas gañadores serán musicados e

estreados no festival “Música nas túas

palabras”, acto no que se entregarán os

premios.

13.Os traballos premiados quedarán en

propiedade do IES As Bizocas para a súa

publicación, e os restantes serán destruídos.

14.A participación nesta convocatoria implica a

aceptación de todas e cada unha das normas

contidas nas bases.

III CONCURSO DE RELATOS CURTOS
“O LUGAR ONDE VIVO”

BASES DO CONCURSO
1ª. TEMÁTICA DOS RELATOS.
Os relatos poderán ser historias fantásticas, feitos reais ou experiencias propias sempre e cando o eixe do relato
xire en torno ás visións que ten a poboación galega acerca do lugar onde vivimos, cómo é, cómo foi, cómo quixe-
ramos que fose, a importancia da súa conservación, as agresións sufridas polo mesmo….Ofrecemos unha oportu-
nidade para que a través da redacción dun relato curto se manifesten as inquedanzas que teñen os galegos e
galegas no tocante ao noso territorio.
2ª. ÁMBITO TERRITORIAL.
Os relatos deberán facer referencia a algún lugar concreto da xeografía de Galiza.
3ª. PARTICIPANTES/CATEGORÍAS.
Poderá participar no concurso calquera persoa que así o desexe. Establécense 2 categorías para o concurso:
Xuvenil; ate os 16 anos inclusive.
Adulto; a partir de 17 anos inclusive.
4ª. OBRAS E FORMA DE PRESENTACIÓN.
Cada participante poderá presentar un máximo de dous relatos. Todos os relatos presentados deberán ser orixinais,
inéditos e non ter sido gañadores noutro concurso. Os relatos terán unha extensión mínima de 1 folio e un máximo
de 6 folios confeccionados a ordenador, a dobre espazo e por unha soa cara (Arial 12), escritos en lingua galega
exclusivamente.
Os traballos presentaranse en sobre pechado no cal figurarán o nome do relato e o pseudónimo. No interior do
sobre presentarase un exemplar do relato, co título e asinado co pseudónimo igualmente. Xunto co relato, noutro
sobre pechado, co mesmo título e pseudónimo no exterior achegaranse os datos persoais do autor (nome e ape-
lidos, enderezo, data de nacemento, teléfono e e-mail).
Os relatos remitiranse por correo postal certificado á Delegación de ADEGA-Lugo, sita en Ronda das Fontiñas,
180 entrechán B 27002 LUGO. A organización non asumirá responsabilidades por danos ou extravíos no seu envío.
Opcionalmente, poderanse entregar en man nas oficinas de ADEGA–Lugo na dirección antedita, de luns a venres
en horario de 10:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00.
Poderán presentarse tamén vía correo electrónico (culturaeterritorio@adega.info) en arquivo anexo co título do re-
lato e pseudónimo, e noutro arquivo anexo co pseudónimo constarán os datos persoais do autor. A organización
confirmará a chegada dos relatos mediante correo electrónico.
5ª. DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN.
Os relatos poderanse presentar ata o día 1 de novembro de 2013, inclusive.
6ª. XURADO.
O xurado estará composto por 6 integrantes repartidos da seguinte maneira; O Presidente do xurado e un vocal
designados por ADEGA, un vocal designado pola Vicepresidencia 1ª da Deputación de Lugo, un vocal designado
pola Asociación de Escritores en Lingua Galega(AELG), un vocal designado pola Associaçom Galega da Língua
(AGAL), e un vocal designado pola USC, os cales decidirán tendo en conta estas bases, por maioría de votos e de
forma inapelábel.
7ª. VALORACIÓN.
A valoración das obras realizarase conforme aos seguintes criterios; calidade do traballo, correspondencia coa te-
mática do concurso e orixinalidade.
8ª. FALLO.
O concurso resolverase dentro dun prazo máximo de 45 días naturais contados dende a data límite de presenta-
ción.
Organizarase un acto de entrega de premios e divulgación xeral do concurso, cuxa data e lugar será debidamente
comunicada aos premiados e sociedade en xeral (entroutros medios a través da páxina web de ADEGA,
http://www.adega.info).
9ª. PREMIOS.
1º Premio Categoría; Adulto: Diploma e 250€.
1º Premio Categoría; Xuvenil: Diploma e 200€.
Ademais os relatos premiados, así cómo os mellores seleccionados entre todos aqueles que non obtivesen un
premio, serán obxecto de exposición na páxina Web de ADEGA así como noutras posibles exposicións e publica-
cións.
10ª. USO DOS RELATOS.
O feito de participar no concurso implica a cesión do uso dos relatos presentados a ADEGA, que poderá utilizalos,
citando sempre ao seu autor, para a súa publicación, exposición, reprodución ou calquera outro tratamento posterior,
sempre sen ánimo de lucro.
11ª. A participación implica a total aceptación destas bases.

 

ESPAÑA y RESTO DEL GLOBO

 

“SI ERES ORIGINAL”

El concurso Si eres original, eres de libro propone la elaboración de trabajos de investigación originales, realizados por estudiantes de ESO, bachillerato y Ciclos Formativos de Grado Medio de Formación Profesional, sobre un tema de su interés: música, ciencia, literatura, arte, naturaleza, historia, cine, deportes, filosofía y pensamiento, tecnologías, matemáticas…

Toda la información en:

http://www.esdelibro.es/index.php?id_seccion=101

 

 

 

¿Qué estás leyendo? 2013

La Organización de Estados Iberoamericanos (OEI), con el apoyo de los Ministerios de Educación convocan a estudiantes de 12 a 15 años de centros educativos iberoamericanos a crear un blog en el que compartan su experiencia como lectores, promovido bajo el lema ¿Qué estás leyendo?
Mediante esta iniciativa se trata de formar una amplia red de blogs de lectores, donde los estudiantes (individualmente o en grupo) puedan darse a conocer y construir una identidad como lectores

Más información: http://www.questasleyendo.org/



 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s